Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de xuño de 1998 pola que se autoriza o cambio de situación da batea denominada Mª del Carmen número 8.

Visto o escrito presentado por Juan Manuel Caamaño Caamaño, con DNI nº 14.774.749 no que solicita cambio de situación da batea Mª del Carmen nº 8

Tendo en conta as seguintes consideracións legais e técnicas:

-Os informes do sector e da Subdirección de Protección de Recursos.

-O proposto pola Dirección Xeral de Recursos Mariños.

-O disposto no artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG 228).

Considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería resolve autoriza-lo seguinte cambio de ubicación:

Batea denominada: Mª del Carmen nº 8

Titular: Juan Manuel Caamaño Caamaño.

Cultivo: mexillón.

Remate da vixencia da concesión: 27-12-2003

Situación anterior: polígono Muros B, cuadrícula nº 82

Nova situación: polígono Muros B, cuadrícula nº 67

Esta concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas do anterior emprazamento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o tribunal contencioso-administrativo competente, de conformidade co disposto no artígo 58 da Lei do 27 de decembro de 1956 reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 xuño de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario Xeral da Consellería de Pesca,

Mariqueo e Acuicultura

5945