Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/220-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. San Marcos-O Graxal-Codesal.

Situación: Oleiros-Cambre.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al que parte do C.T. Ramón Cabanillas pasa polo C.T. Castaños e final no C.T. Icaria III, de 990 de lonxitude, reforma C.T. Castaños. L.M.T. subterránea a 15/20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al de 485 m de lonxitude que une os CC.TT. Icaria I e C.T. Banco Bilbao. Concellos de Oleiros e Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4337