Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, de corrección de erros do 11 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público procedemento aberto, para a contratación do servicio para o tratamento contra a procesionaria do piñeiro en 4.200 hectáreas de piñeiral na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 115, do 17 de xuño de 1998,

DISPOÑO:

1. Face-las seguintes correccións:

a) Na páxina 6.810, no punto 2.2, onde di: «Prazo de execución: dous meses desde o asinamento do contrato», debe dicir: «Prazo de execución: seis meses y medio desde o asinamento do contrato».

b) Na páxina 6.810 no punto 6, onde di: «Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D», debe

dicir: «Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría B».

2. En consecuencia, a data límite de presentación de ofertas rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente corrección de erros neste diario. Se coincidise en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1998.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

5639