Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.206

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real Decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado

polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 28 de xullo de 1997 (BOE do 29 de agosto) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector (en funcións) da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: lingua española.

Praza nº: 1529/1997.

Comisión titular:

Presidente: Jesús Pena Seijas, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Emilio Montero Cartelle, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: César Hernández Alonso, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Vocal 2º: Vidal Alba de Diego, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Dolores Azorín Fernández, profesor titular de universidade. Universidade de Alicante.

Comisión suplente:

Presidente: Guillermo Rojo Sánchez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Alejandro Veiga Rodríguez, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Manuel Núñez Encabo, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 2º: Mª Victoria Iturralde Sesma, profesor titular de universidade. Universidade do País Vasco.

Vocal 3º: Carlos Alcarcón Cabrera, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

5455