Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.178

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño nas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que se celebrarán as probas de coñecemento de lingua galega e o primeiro exercicio.

Advertidos erros na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 116, do xoves 18 de xuño de 1998, é necesario efectua-la seguinte rectificación:

Na páxina 6.831 e 6.832, especialidade música, tribunal única onde di: «Centro «Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. Campus sur, Santiago de Compostela (A Coruña); debe dicir: «Facultade de Ciencias da Educación (antiga escola universitaria do profesorado de EXB-Maxisterio). Campus norte. Avda. Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela (A Coruña).

Na páxina 6.832, especialidade música, onde di: «primeiro exercicio ou primeira parte da proba: data 2 de xullo de 1998. Hora 12», debe dicir: «primeiro exercicio ou primeira parte da proba: data 2 de xullo de 1998. Hora 10».

5918