Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.160

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de xuño de 1998 pola que se autoriza definitivamente a implantación dos ciclos formativos de grao superior de Imaxe e Realización de Audiovisuais e Espectáculos, da familia profesional de Comunicación, Imaxe e Son, ó centro privado denominado Centro de Estudios Marcote, de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do Centro de Estudios Marcote, de Vigo, mediante o que se solicita autorización para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior de Imaxe e Realización de Audiovisuais e Espectáculos, da familia profesional de Comunicación, Imaxe e Son,

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes,

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 2033/1995 (BOE 2-2-1996) polo que se establece o título de técnico superior en Imaxe, Real decreto 2035/1995 (BOE 5-2-1996) polo que se establece o título de técnico superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior de Imaxe e Realización de Audiovisuais e Espectáculos, da familia profesional de Comunicación, Imaxe e Son.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra

incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29), todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Cabral.

Enderezo: Avda. Ponte, 82.

Código do centro: 36019116.

Denominación específica: Centro de Estudios Marcote.

Titular: Centro de Estudios Marcote, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:-1 ciclo formativo de grao superior de Imaxe, da familiar profesional de Comunicación, Imaxe e Son.-1 ciclo formativo de grao superior de Realización de Audiovisuais e Espectáculos, da familia profesional de Comunicación, Imaxe e Son.

5643