Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación da delimitación da unidade de actuación número 13 do plan xeral de ordenación urbana, sita en Pedra do Lagarto-A Parda.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 28-5-1998, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar con carácter definitivo, a proposta-instada por iniciativa particular por Eugenio Sobral Fernández, actuando en nome e representación de María Cruz Martínez Martínez e os herdeiros de Prudencio Landín Carrasco, e Marco AO4, S.L., de modificación da delimitación da unidade de actuación número 13 do vixente PXOU sita na rúa Pedra do Lagarto-A Parda, coa finalidade de regularizar parcelas segundo o plan xeral, diminuíndo a superficie da unidade e incorporando terreos a esta, afectando a parcelas dos promotores desta proposta, que se fundamenta nun proxecto técnico redactado polo arquitecto Isidoro Callejo Rey, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 20-1-1998, desestimándose a alegación ou reclamación formulada durante a fase de información pública do procedemento por Rafael Córdoba Piñeiro, por canto a par

cela do alegante se acha segundo o PXOU en vigor, incluída dentro dunha vía pertencente ós sistemas xerais ó servicio de toda a poboación e a obter a través dos mecanismos legalmente establecidos como é a adopción da expropiación forzosa, á que se remitiu este concello, no procedemento de urbanización da Avenida Conde de Bugallal e vías confluentes».

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procecente.

Pontevedra, 8 de xuño do 1998.

Juan Luis Pedrosa Férnández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

6008