Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Personal del Concello de Ferrol.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel faise público que na Sección de Mediación Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial foron depositados ás 11 horas do día 1 de xuño de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Personal del Concello de Ferrol que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local (Ferrol).

Profesional: funcionarios de carreira, interinos, persoal laboral e eventual do Concello de Ferrol.

Asinan a acta de constitución: Manuel Vázquez Méndez e unha persoa máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 1 de xuño de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

5810