Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998 pola que se anuncia o concurso público para a contratación, mediante tramitación urxente e procedemento aberto, das obras de urbanización do predio da Barcia no ámbito que circunda o Centro Superior de Hostelería de Galicia en Santiago de Compostela.

Esta consellería unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anun

cia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto e trámite de urxencia das obras que se citan:

1. Obxecto: urbanización do predio da Barcia no ámbito que circunda o Centro Superior de Hostelería de Galicia, Santiago de Compostela (A Coruña).

2. Orzamento de licitación: 41.198.395.ptas, IVE incluído.

3. Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Clasificación requirida: grupo G, categoría d, subgrupo 6.

6. Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

7. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro dia hábil.

8. Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, indistintamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto na cláusula 6.2ª, parágrafo segundo, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do día 10 de xullo de 1998.

11. Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1998.

P.D (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

5759