Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da subministración consistente na adquisición de equipos e sistemas de tratamento da información para a Dirección Xeral de Urbanismo e os seus servicios provinciais.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Os teléfonos de información: 981 54 43 82 ou 981 54 43 71.

d) Nº de expediente: 9803 INFO.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: adquisición de equipos e sistemas de tratamento da información para a Dirección Xeral de Urbanismo e dos seus servicios provinciais.

b) Número de unidades que hai que entregar:

Ver prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega:

Ver apartado 1 do presente anuncio.

d) Prazo de entrega:

Dous meses contados a partir da sinatura do contrato.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante unha declaración relativa á cifra de negocios global das subministracións e traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos anos.

A solvencia técnica acreditarase pola relación das principais subministracións, similares ás que son obxecto do presente contrato, efectuadas durante os tres últimos anos con indicación do seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Nove millóns cincocentas mil (9.500.000) pesetas.

5. Garantías:

a) Provisional.

Cento noventa mil (190.000) pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

Ver apartado 1 do presente anuncio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación:

Décimo quinto día, contado a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Documentación que hai que presentar:

A descrita no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Ver apartado 1 do presente anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres (3) meses.

8. Apertura de ofertas:

Efectuarase ás dez (10) horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do de finalización da presentación de ofertas.

9. Gastos de anuncio:

O importe do anunció será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5145