Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Asesorías de Empresas, e da parte social polas centrais sindicais CC.OO, UGT, CIG con data 11-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 6º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial 1997

CategoríasSalario

base

Remuneración

anual

GRUPO I: TITULADOS

Titulado de grao superior121.0211.936.336

Titulado de grao medio109.2571.748.112

GRUPO II: ADMINISTRATIVOS

Xefe superior109.2571.748.112

Xefe de primeira-1ª107.7221.723.552

Xefe de segunda-2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros, traductor e intérprete xurado de máis dun idioma104.2441.667.904

Oficial de 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado dun idioma, operador de máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona95.9581.535.328

Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma, reporteiro de axencia de información, traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores91.1501.458.400

Auxiliar con antigüidade superior a tres anos82.6591.322.544

Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador79.1811.266.896

Aspirante55.652890.432

GRUPO III: TÉCNICOS DE OFICINA

Xefe superior109.2571.748.112

Xefe de primeira, xefe de equipo de informática, analista, programador de ordenadores107.7221.723.552

Xefe de segunda, xefe de delineación, xefe de explotación, programador de máquinas auxiliares, administrador de test, coordinador de tratamento de cuestionarios104.2441.667.904

Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudios102.7101.643.360

Delineante, proxectista96.7761.548.416

Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores95.9581.535.328

Delineante91.1501.458.400

GRUPO IV: ESPECIALISTAS OFICINA

Xefe de máquinas básicas104.2441.667.904

Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores, encargado do departamento de Reprografías95.9581.535.328

Operador de máquinas básicas, debuxante, entrevistador, enquisador91.1501.458.400

Calcador, perforista, verificador, clasificador84.2961.348.736

Auxiliar79.1811.266.896

Aspirante55.652890.432

GRUPO V: SUBALTERNOS

Conserxe maior84.2961.348.736

Conserxe80.9201.294.720

Ordenanza, vixilante79.1811.266.896

Mozo dos recados 17 anos54.117865.872

Mozo dos recados 16 anos46.752748.032

CategoríasSalario

base

Remuneración

anual

GRUPO VI: OFICIOS VARIOS

Encargado almaceneiro91.1501.458.400

Oficial de 1ª, conductor de 1ª87.7741.404.384

Oficial de 2ª, conductor de 2ª84.2961.348.736

Axudante, operador reproductor de planos, operador multicopista e xerocopista80.9201.294.720

Peón, mozo, persoal de limpeza de xornada completa79.1811.226.896

5150