Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 6.997

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria.

Advertidos erros no devandito decreto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 4.985, na disposición derrogatoria, onde di: «..... o Decreto 133/1982, de condicións sanitarias de cemiterios, e demais disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido no presente decreto.», debe dicir: «..... o Decreto 133/1982, de condicións sanitarias de cemiterios, a Resolución do 12 de agosto de 1997, sobre prestación do servicio de autorización de traslado de cadáveres e demais disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido no presente decreto.».

Na páxina 4.986, no artigo 1º.2, onde di: «Particulares: aqueles nos que a entidade propietaria é unha asociación sen ánimo de lucro e legalmente constituída», debe dicir: «c) Particulares: aqueles nos que a entidade propietaria é unha asociación sen ánimo de lucro e legalmente constituída.».

Na páxina 4.989, no artigo 19º, parágrafo primeiro, onde di: «Poderase autoriza-la instalación de velatorios para a exposición de cadáveres, para dar lles servicios, unicamente, ós falecidos no municipio ou os que se vaian inhumar.», debe dicir: «Poderase autoriza-la instalación de velatorios para a exposición de cadáveres, para darlles servicios, unicamente, ós falecidos no municipio ou os que se vaian inhumar nel.».

Na páxina 4.990, no artigo 32º.2, onde di: «As criaturas abortivas e membros procedentes de amputacións serán transportados en caixas de restos, tal como dispón o artigo 36º apartado d).», debe dicir: «Os restos cadavéricos, as criaturas abortivas e membros procedentes de amputacións serán transportados en caixas de restos, tal como dispón o artigo 36º apartado d).».

Na páxina 4.990, no artigo 33º, parágrafo 2, onde di: «..... Non obstante, a empresa funeraria comunicarallo ó delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da provincia na que se orixine o traslado...», debe dicir: «..... Non obstante, a empresa funeraria comunicarallo previamente ó delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da provincia na que se orixine o traslado,.....».

Na páxina 4.993, no artigo 54º, onde di: «....., así como do establecido no punto d) do artigo 51º, debe dicir: «....., así como do establecido no punto e) do artigo 51º.».

5682