Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia o concurso público 6/1998 para a subministración sucesiva de material para determinacións analíticas e arrendamento e mantemento dos equipos e instrumental precisos para a súa realización.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, e logo de autorización do director xeral de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde con data do 2 de abril de 1998, convoca o concurso público 6/1998 que ten por obxecto a subministración sucesiva de material para determinacións analíticas e arrendamento e mantemento dos equipos e instrumental precisos para a súa realización.

1. Entidade adxudicataria: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes. Departamento de Contratación Administrativa. Pizarro, nº 22 36204 Vigo. Tfno. 986 81 60 23. Fax 986 81 60 65.

2. Modalidade de adxudicacion: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

3. a) Lugar da execución: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

b) Obxecto do contrato, número CPA:

Nº expediente: 6/1998.

Subministración sucesiva de material para determinacións analíticas e arrendamento e mantemento de equipos e instrumental precisos para a súa realización. Cun orzamento máximo de cincuenta e un millóns cincocentas mil pesetas (51.500.000 ptas).

c) División en lotes: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

4. Prazo de execución: 2 anos a partir da formalización do contrato. (Véxase a documentacion do concurso).

5. a) Solicitude da documentación: enderezo e servicios indicados no punto 1.

b) Data límte da solicitude: 20 de xullo de 1998.

c) Pagamento: gratuíto.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: 27 de xullo de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas á apertura das plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, o 7 de agosto de 1998.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes ós que se licite.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: axustarase ó artigo 24 da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas: vésaxe prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

12. Prazo de validez da proposición: segundo o artigo 84 e 90 da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Outras informacións: ver prego de condicións.

15. Data do envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas: 4 de xuño de 1998.

16. Data da recepción do anuncio pola oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas:

Vigo, 12 de maio de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

5779