Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bresmaus.
Situación: Sarreaus.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 238 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio número 29 da L.M.T. Codosedo-Padroso-Sarreaus e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Bresmaus. R.B.T. aérea de Bresmaus con 2.710 m en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 13 de maio de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
4934