Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/77-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Casal Sampaio.

Situación: Gomesende.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 135 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio da L.M.T. existente na Reguenga e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, 20.000/380-220 V en Casal. Liña de baixa tensión aérea do C.T. proxectado en Casal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4127