Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/188-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica Suc. de M. Leira, S.L.

Domicilio social: San Martiño do Porto, 15000 Cabanas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Pedra do Couto.

Situación: Concello de Cabanas.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 15/20 kV de 807 m dos que 252 m van en acometida subterránea e 555 m en tendido aéreo co final no centro de transformación que se construirá en Pedra do Couto de 100 kVA-B 2.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 15 de outubro de 1998.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4044