Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998 pola que se se fai pública a adxudicación de contratos de obras por concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta consellería, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación dos contratos de obras por concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente, anunciadas por Resolución do 14 de abril de 1998 e Resolución do 22 de abril de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (DOG nº 73 e nº 78, do 17 de abril e 24 de abril de 1998, respectivamente):

1. Restauración do Mosteiro de Acibeiro, fase IV, para a súa conversión en hospedería como aloxa

mento de turismo rural, grupo A, (e estudio de seguridade e saúde), en Forcarei (Pontevedra).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: sesenta e tres millóns setecentas cincuenta mil pesetas (63.750.000 ptas.) IVE incluído.

Adxudicatario: AGRUPCONSA S.L.

Data da adxudicación: 1-6-1998.

2. Intervención no conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, 3ª fase -rehabilitación da casa rectoral, peirao do catamarán e miradoiro- en Paradela (Lugo).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: trinta e seis millóns trescentas setenta e catro mil novecentas cincuenta pesetas (36.374.950 ptas.) IVE incluído.

Adxudicatario: Varela Villamor, S.L.

Data da adxudicación: 25-5-1998.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 5-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

5711