Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/60-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Palés y Sistemas de Embalajes Alba, S.L.

Domicilio social: Alén-Nespereira, 36841 Pazos de Borbén.

Denominación: L.M.T. en Cepeda-Alén.

Situación: Pazos de Borbén.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 660 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios metálicos, desde un C.T. propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. denominado Cepeda ata o C.T. da empresa Ecolobo en Alén-Cepeda, concello de Pazos de Borbén.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas.

Pontevedra, 8 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4838