Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/39-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo 171, 15000 A Coruña.

Denominación: retranqueo L.M.T., C.T., R.B.T. Lignitos de Meirama.

Situación: Cerceda.

Características técnicas: retranqueo L.M.T. a 15/20 kV da L.M.T. Meirama-As Encrobas nunha lonxitude de 684 m en conductor LA-110, desde a derivada a C.T. Gontón e final no apoio nº 3 da L.M.T. Ramal de 24 m que parte do apoio nº 3 da L.M.T. anterior e final no C.T. que se vai construír en Francelos de 50 kVA a 15.000+2,5/5%/398-230 voltios e acoplamento á rede de baixa tensión. Concello de Cerceda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4930