Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/31-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Figueroa-Balneario-Baiuca (Ctra. L.M.T., C.T. Conc. e C.T. Fonteh).

Situación: Arteixo (A Coruña).

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con con

ductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 415 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. concello (expediente 32780) e final no C.T. Fonte da Horta (expediente 24714).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 4 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4553