Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilameá-Lueda-Buxán, no concello de Bande. (Expediente IN407A 98/101-3 A.T.).

1. Autorización administrativa:

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Situación: concello de Bande.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

Trazado e datos básicos: 3 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56.

1ª De 265 m de lonxitude, con orixe en apoio existente nº 117 da L.M.T. Conchas-Celanova e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Vilameá. Liña de baixa tensión aérea proxectada desde o citado C.T., de 970 m, en conductor R.Z.

2ª De 258 m de lonxitude, con orixe en apoio existente nº 117 da L.M.T. Conchas-Celanova e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Lueda. Liña de baixa tensión aérea proxectada desde o citado C.T. de 855 m, en conductor R.Z.

3ª De 624 m de lonxitude, con orixe en apoio existente nº 110 da L.M.T. Conchas-Celanova e

remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Buxán. Liña de baixa tensión aérea proxectada desde o citado C.T. de 740 m, en conductor R.Z.

d) Orzamento: 15.973.775 ptas.

2. Urxente ocupación: o beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións: a presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 29 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/101-3 A.T.Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., R.B.T. Vilameá-Lueda-BuxánConcello de: Bande

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuper. mmm

2BarxelaMonte altoJosé González BeirasBuxán, s/n, 32846 Bande26340

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuper. mmm

8BarxelaPradoJosé González BeirasBuxán, s/n, 32846 Bande27432

10BarxelaPradoJosé González BeirasBuxán, s/n, 32846 Bande50,6414244

4928