Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. da Conchada e Naves, no concello de Ourense. (Expediente IN407A 98/68-3 A.T.).

1. Autorización administrativa:

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia,

que conta coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Situación: concello de Bande.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1ª L.M.T. aérea a 20 kV, de 860 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe en apoio existente nº 107, da L.M.T. Cudeiro-Trasalva e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V da Conchada. Liña de baixa tensión aérea proxectada do C.T. da Conchada de 1.130 m en conductor R.Z.

2ª L.M.T. aérea a 20 kV, de 981 m, en conductor LA-56, con orixe en apoio existente nº 117, da L.M.T. Cudeiro-Trasalva e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Naves. Liña de baixa tensión aérea proxectada do C.T. de Naves de 1.255 m en conductor R.Z.

e) Orzamento: 13.263.289 ptas.

2. Urxente ocupación: o beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a

urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións: a presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 3 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/68-3, A.T.Provincia: Ourense

L.M.T. ó C.T. de NavesConcello de: Ourense

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperf.

(m)Lonxitude

mSuper.

(m)

1TocañosPradoIsaura PérezOuteiro de Anaigo, 32981 Ourense2142672

2TocañosLabradíoSaladina González RodríguezAnaigo, 4; 32981 Ourense2114220

4Val da LamaPradoJ. Ramón Pérez CondeRío Salas, 28-3ºEsq.; 32001 Ourense30480

5Val da LamaHortaRamón MuñozSeixo-Anaigo; 32981 Ourense17272

6Val da LamaHortaDemetrio CondeSeixo-Anaigo; 32981 Ourense23294

7Val da LamaMonte baixoVictoriano Fernández Iglesiasr/ San Paio, 18-5ºD; 32001 Ourense228

12Val da LamaHortaMaría Belén Conde RodríguezAnaigo de Cima, 3; 32981 Ourense27432

14Val da LamaMonte baixoJ. Ramón Pérez CondeRío Salas, 28-3ºEsq.; 32001 Ourense13208

15Val da LamaPradoSocorro López GonzálezAnaigo; 32981 Ourense7112

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperf.

(m)Lonxitude

mSuper.

(m)

16Val da LamaPradoJosé Castro ÁlvarezFontefría, 4B; 32172 Amoeiro27432

17Val da LamaPradoMariano Fernández IglesiasAnaigo, 42; 32981 Ourense19304

18Val da LamaPradoJulio González López116 Bunhsin ST. Botany NSW, 2019 Sydney Australia21490

26LoureiroMonte baixoSara López PérezRío Arenteiro, 19-1ºD; 32001 Ourense30480

31Os CarrísLabradíoJosefa López LópezCelso Emilio Ferreiro, 19-1ºD; 32004 Ourense62991.632

34Os CarrísPradoSara López PérezRío Arenteiro, 19-4ºF; 32001 Ourense13156

37Os CarrísLabradíoManuela López PérezSpielweg-Zurich, 1; 8037 Suíza918

40Os CarrísMonte baixoCarmen Pérez NovoaCabeanca, 70; 32001 Ourense12120

42Os CarrísMonte baixoSaladina González RodríguezAnaigo, 34; 32981 Ourense21147

46Os CarrísLabradíoJosé Pérez PargaBobadela; 32981 Ourense14126

48Os CarrísViñedoCarmen Pérez NovoaCabeanca, 70; 32001 Ourense8235420

50Os CarrísPradoHerminia González RodríguezO Burgo, 3; 32981 Ourense3399

51Os CarrísViñedoAntonio Conde Pérez

Carmen Pérez Novoa

r/ Fornos, 2-3º; 32005 Ourense

Cabeanca, 70; 32001 Ourense

35200

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/68-3, A.T.Provincia: Ourense

L.M.T. á ConchadaConcello de: Ourense

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperf.

(m)Lonxitude

mSuper.

(m)

22A CalzadaMonte altoHnos. de Telmo Solla Flora Limia RodríguezAvda. Portugal, 66-3ºEsq.; 32002 Ourense791.239

4506