Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.332.335 e OH.236.386).

A) Obra.

1. Colector no parque empresarial do Pereiro de Aguiar. ( O Pereiro de Aguiar-Ourense).

Clave: OH.332.335.

Orzamento: sesenta e tres millóns catrocentas cincuenta e sete mil catrocentas sesenta pesetas (63.457.460).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Novo encanamento de abastecemento ó Grove. (O Grove-Pontevedra).

Clave: OH.236.386.

Orzamento: cento trinta e dous millóns novecentas vinte mil novecentas setenta e unha pesetas (132.920.971).

Prazo de execución: 23 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo

Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día dez (10) xullo de 1998.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vinte (20) de xullo de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

5364