Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de epizootias 195SA/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e ó seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros,

por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples en Monelos - A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 195SA/97.

Denunciado: Carmen Tojo, Manuel.

DNI: 33.177.169.

Último enderezo coñecido: 15886 Teo (A Coruña).

Feitos denunciados: atoparse no mercado de gando cun animal bovino indebidamente identificado.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 224 do regulamento en relación cos artigos 4 e 5 do R.D. 205/1996 e o artigo 4 da Orde 4-4-1997.

Sanción: 10.000 ptas.

5294