Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/101-2, 4987 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Carballeira-Mazo (Portomarín).

Situación: Portomarín.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 376 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 25 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 1.050 m de lonxitude en conductor R.Z. 0.6/1 kV 380-220.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 5 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4804