Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.838

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 5 de setembro de 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 5 de setembro de 1997 (BOE do 24) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 26 de maio de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº de praza: 83/97.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación

Comisión titular:

Presidenta: Joan Fontcuberta Gel, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal secretario: Juan Jesús Zaro Vera, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Vocais:

Roberto Dengler Gassin, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Miguel José Haberty Fox, profesor titular de universidade. Universidade de Granada.

Adriana Pintori Olivotto, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Comisón suplente:

Presidente: José Luis Rodríguez Fernández, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Salvador Peña Martín, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Vocais:

Fernando Toda Iglesia, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Ovidio Carbonell Cortés, profesor titular de universidade. Universidade de Salmanca.

Jeroni Sureda Carrio, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

5328