Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 17 de xuño de 1998 Páx. 6.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

BASES específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade e pola quenda de promoción interna, de cinco prazas de auxiliar da Administración xeral.

Primeira.-Número, denominación e características.

Cinco prazas de auxiliar, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, clasificadas no grupo D.

Segunda.-Sistema de provisión.

Concurso-oposición, promoción interna.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Ser funcionario/a de carreira deste concello, encadrado no grupo D e atoparse desenvolvendo funcións substancialmente coincidentes ou análogas no seu contido profesional e nivel técnico coas correspondentes a esta praza e te-la titulación de graduado escolar, ou FP1, ou equivalente. Ou ben, ser funcionarios/as do grupo E, da mesma escala, e posuí-la titulación de graduado escolar ou FP1, ou equivalente, cunha antigüidade mínima de dous anos no corpo ou escala a que pertenzan.

Cuarta.-Prazo de presentación de instancias.

O previsto na norma 3.1 das bases xerais para a provisión das prazas de oferta de emprego público correspondente ó ano 1997.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador do concurso-oposición está constituído da seguinte forma:

Presidente/a: o alcalde ou concelleiro en que delegue.

Secretario: un/a funcionario/a deste concello.

Vocais: o secretario xeral do concello ou oficial maior por suplencia daquel.

Dous ou dúas representantes da Xunta de Galicia.

Dous ou dúas representantes da Xunta de Persoal do Concello de Ferrol.

Un/ha funcionario/a doutra Administración local.

Un/ha representante da alcaldía, designado por esta.

Un/ha profesor/a de FP1.

O secretario do tribunal cualificador terá dereito a voz pero non a voto.

Sexta.-Probas selectivas.

Fase de concurso.

Consistirá en puntua-los méritos profesionais dos/as aspirantes, de acordo co baremo que se establece no anexo I, non sendo necesario aporta-la documentación que acredite o tempo de servicios prestados no Concello de Ferrol, debendo a unidade de persoal incorporar certificación dos mesmos ó expediente unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes.

A puntuación nesta fase non poderá supera-lo 35% da puntuación total.

Fase de oposición.

Constará de tres exercicios, de carácter eliminatorio, que se valorarán de 0 a 10 puntos, debendo obter o/a aspirante a puntuación mínima de 5, en cada un, para participar no seguinte.

Primeiro.-Consistirá en contestar, por escrito, nun tempo máximo dunha hora e trinta minutos, a unha batería de preguntas curtas en relación co temario que se xunta como anexo II, e que se elaborará polo tribunal no momento inmediatamente anterior á realización da proba, preparando cincuenta preguntas das que se escollerán por, sorteo, trinta.

Segundo.-Consistirá en transcribir un documento facilitado polo tribunal a soporte informático no programa WP para Windows versión 6.1, que será acollido dun expediente do propio concello inmediatamente antes da realización da proba tendo en conta que o tempo para a realización da proba fixará o tribunal á vista do documento de que se trate e, en todo caso, nun máximo de 30 minutos. O documento a transcribir esixirá un mínimo de pulsacións así como a utilización de códigos do programa elixido (WP 6.1) que determinará o tribunal previamente. O documento haberá de ser transcrito na súa totalidade para obtar o/a aspirante a superación da proba e valorarase, ademais a súa presentación e corrección ortográfica e gramatical e a utilización correcta dos códigos do programa informático.

Terceiro.-Consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego nun tempo máximo dunha hora e escollido dun expediente administrativo do concello. Valorase a súa corrección gramatical e ortografía.

Ferrol, 1 de abril de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

ANEXO I

1. 0,2 puntos por cada ano de servicios prestados na Administración ata un máximo de 2 puntos.

2. Curso de iniciación e perfeccionamento da lingua galega: 0,25 puntos a 0,50 puntos, respecti

vamente, sen que poidan ser acumulados. O título ou certificación da realización destes cursos haberá de estar expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

3. Cursos que teñan relación coas tarefas a desenvolver como administrativo/a na Administración local. Os cursos haberán de estar avalados ou promocionados por un organismo público e no termo de curso entederase incluído o de xornadas, simposium, congreso, master ou similares.

0,10 puntos por cursos de duración de 0 a 15 horas.

0,20 puntos, de 16 a 25 horas.

0,30 puntos, de 26 a 35 horas.

0,40 puntos, de máis de 35 horas.

A puntuación máxima neste apartado non poderá superar 1 punto.

ANEXO II

TEMRIO

Tema 1. A Constitución española de 1978. Características. Estructura. Contido. Principios xerais.

Tema 2. O Goberno. Concepto. Integración. Cesamento. Responsabilidade. Funcións. Deberes. Regulamentación.

Tema 3. O Estado das autonomías. Principios. Características. O Estatuto de autonomía. Elaboración. Contido. Reforma. Enumeración das Comunidades Autonómas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Características. Estructura e contido.

Tema 4. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. Consideracións previas. Enumeración dos principios de actuación da Administración pública. Exame de cada unha delas.

Tema 5. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clasificación: invalidez. Dereito positivo español. Principios xerais do procedemento administrativo: concepto e clases. Fases do procedemento administrativo xeral. Principios. Normas regulamentarias. Días e horas hábiles. Cómputo de prazos. Fases. Referencia ós recursos administrativos. Concepto. Clases. Interposición. Suspesión de execución. Audiencia ó interesado. Resolución. Recurso ordinario. Recurso de revisión.

Tema 6. Formas da acción administrativa: fomento. Policía. Servicio Público. Clasificación. Estudio de cada unha delas. A responsabilidade da Administración: introdución. Danos pola súa actividade ilexítima. Danos pola súa actividade lexítima. Responsabilidade no dereito positivo.

Tema 7. O Réxime local español. Principios constitucionais e Regulamentación xurídica.

Tema 8. O municipio. Evolución. Concepto. Elementos esenciais. Denominación e cambio de nome dos municipios. O termo municipal: concepto.

Caracteres. Alteración de termos municipais. A poboación: concepto. O empadroamento: concepto. Regulamentación. Obriga da inscrición. Contido. Xestión. Padrón de españois residentes no estranxeiro: concepto. Obriga de inscribirse e baixa, contido.

Tema 9. Organización municipal. Concepto. Clases de órganos. Estudio de cada un dos órganos. Competencias: conceptos e clases. Lexislación española. Regulamento orgánico do Concello de Ferrol.

Tema 10. Ordemanzas e regulamentos das entidades locais. Concepto e diferenciacións. Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Ferrol.

Tema 11. A función pública local: ideas xerais. Concepto de funcionario. Clases. Organización da función pública local. Órganos e grupo que a integran. Funcionarios con habilitación de carácter nacional. Funcionarios propios das corporacións. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións na que poden atoparse. A oferta de emprego público e as relacións de postos de traballo.

Tema 12. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Dereitos. Deberes. Réxime disciplinario. Dereitos de sindicación.

Tema 13. O persoal laboral ó servicio das entidades locais: precedentes lexislativos. Situación actual. Réxime xurídico. Persoal laboral. Persoal aventual. Contratación para traballos específicos.

Tema 14. Procedemento administrativo local. Concepto. Principios que o inspiran. Actuacións que comprende.

Tema 15. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Réxime de sesións. Adopcións de acordos. Actas e certificacións de acordos. Borrador da acta e aprobación. Transcrición da acta ó libro. Sinatura da acta. Certificados de acordos.

Tema 16. O administrado. Concepto e clases. Capacidade e causas modificativas. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. Formulación. Relacións de colaboración e participación. Réxime de cada tipo de relación. Os dereitos e deberes dos veciños no ámbito local. Concepto de veciños. Dereitos e deberes. Información e participación cidadá. Información e participación dos veciños. Información e participación das asociacións veciñais. O cidadán como cliente e como usuarios dos servicios públicos. Concepto. Servicios públicos municipais.

Tema 17. A atención ó público: acollida e información. Relacións entre as administracións públicas e os cidadáns. Dereitos dos cidadáns. Medidas para a atención ó público. Os servicios de información e reclamación administrativa. Ideas xerais. Iniciativas e suxestións. Reclamacións e queixas. Regulamentación específica na esfera local.

Tema 18. A Comunicación na Administración: ideas xerais. A Comunicación telefónica. A comunicación escrita. O expediente administrativo. A

comunicación oral. Outras formas de comunicación. O uso correcto da linguaxe administrativa: introducción á linguaxe administrativa: a democratización da linguaxe administrativa. O proceso de modernización en España. Uso correcto de linguaxe administrativa.

Tema 19. O Rexistro de Documentos. Concepto: o documento administrativo. O Rexistro de Documentos. O Rexistro de Entrada e Saída: o seu funcionamento nas corporacións locais. A presentación de instancias e documentos nas oficinas públicas. A informatización dos rexistros. Comunicacións e notificacións: comunicacións: notificacións e a súa publicación.

Tema 20. O arquivo. Concepto. Clases de arquivo e funcionamento: arquivos históricos. Arquivos administrativos. Funcionamento. Principais criterios de ordenación. Especial referencia ó arquivo de xestión: carácteres. Organización. O dereito da cidadanía ó acceso a arquivos e rexistros.

5158