Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Herbón (Becerreá).
Situación: Becerreá.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, de 106 metros de lonxitude, en conductor LA-86/54,6 sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 1,13 km de lonxitude en conductor R.Z. 0,6/1 kV Al.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 27 de abril de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4488