Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xuño de 1998 pola que se establece o procedemento de adscrición do persoal que desempeña as súas funcións nos equipos psicopedagóxicos de apoio ós departamentos de orientación e ós equipos orientación específicos.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril, regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional segunda do citado decreto establece que o persoal que desempeña, con carácter definitivo, as súas funcións nos equipos psicopedagóxicos de apoio regulados pola Orde do 8 de agosto de 1985 (Diario Oficial de Galicia do 3 de setembro) adscribirase ós departamentos de orientación ou ós equipos de orientación específicos, de acordo co procedemento que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou incorporarase ó exercicio da docencia.

Na disposición adicional terceira prescríbese que os membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio incluídos nas sentencias números 861/1990 e 495/1993, dictadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como os que accederan definitivamente a postos de psicólogo ou pedagogo dos equipos psicopedagóxicos de apoio ou ós antigos servicios de orientación escolar e vocacional, que estean en posesión do título de doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidades de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidades de pedagoxía ou psicoloxía), poderán adscribirse a un departamento de orientación dun centro educativo, preferentemente do sector no que desempeñan actualmente as súas funcións que, no caso dos IES, teña vacante a praza de psicoloxía e pedagoxía, unha vez resolto o concurso de traslados convocado pola Orde do 21 de novembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 1 de decembro).

Pola súa parte, a disposición adicional cuarta determina que os especialistas de audición e linguaxe dos actuais equipos psicopedagóxicos de apoio poderán adscribirse indistintamente ós equipos de orientación específicos, ós departamentos de orientación dos institutos de educación secundaria, ós dos colexios de educación infantil e primaria ou ós dos colexios de educación primaria, localizados preferentemente na zona do sector onde desempeñan as súas funcións.

Na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998, autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas para a execución e desenvolvemento do establecido nel.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón convoca-la adscrición dos membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio ós departamentos de orientación e ós equipos de orientación específicos, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.

Poderán participar no procedemento de adscrición ós departamentos de orientación e ós equipos de orientación específicos os membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio incluídos nas sentencias números 861/1990 e 495/1993, dictadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como os que accederan definitivamente ós postos de psicólogo ou pedagogo dos equipos psicopedagóxicos de apoio ou ós antigos servicios de orientación escolar e vocacional da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

-Doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidades de psicoloxía ou ciencias da educación)

ou en filosofía e letras (especialidades de pedagoxía ou psicoloxía).

Así mesmo, os que soliciten adscribirse a un equipo de orientación específico deberán acredita-la formación que lles permita desenvolve-las actividades propias da praza que solicitan, tal como establece o punto 2º do artigo 5 do Decreto 120/1998.

Segunda.

1. O persoal mencionado no punto anterior poderá solicita-la adscrición a algunha das seguintes prazas:

a) Equipos de orientación específicos que se relacionan no anexo I.

b) Departamentos de orientación dos institutos de educación secundaria e colexios públicos integrados que se relacionan no anexo II.

c) Departamentos de orientación dos colexios de educación infantil e primaria ou educación primaria que se creen. Para tal efecto os interesados poderán solicita-los mencionados centros que se relacionan no anexo II da Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro) pola que se convoca concurso de traslados autonómico entre funcionarios do corpo de mestres.

2. Para cubri-las prazas dos equipos de orientación específicos será preceptivo a presentación do proxecto ó que se fai referencia no apartado 7 do anexo IV, e unicamente poderá solicitarse unha das seguintes prazas: orientación vocacional e profesional, sobredotación, discapacidades sensoriais, discapacidades motóricas, de trastornos xeneralizados do desenvolvemento e de trastornos da conducta.

Terceira.

1. Os especialistas de audición e linguaxe dos actuais equipos psicopedagóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia poderán adscribirse ós equipos de orientación específicos que se relacionan no anexo I ou a un dos centros relacionados nos anexos II e III desta orde.

2. Para cubri-las prazas de audición e linguaxe dos equipos de orientación específicos será preceptivo a presentación do proxecto ó que se fai referencia no apartado 7 do anexo IV.

3. Os especialistas de audición e linguaxe que resulten adscritos a un centro de educación infantil e primaria ou de educación primaria e posúan algunha das titulacións mencionadas na base primeira da presente orde, desempeñarán a xefatura do departamento de orientación do centro.

Cuarta.

Os membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio ós que fan referencia as bases primeira e terceira da presente orde, que non participen neste procedemento de adscrición, ou non obteñan destino, incorporaranse ó exercicio das funcións docentes.

Quinta.

Os traballadores sociais dos actuais equipos psicopedagóxicos de apoio da Comunidade Autónoma de Galicia poderán adscribirse ós equipos de orientación específicos que se relacionan no anexo I.

Sexta.

As prazas dos equipos de orientación específicos, que serán as primeiras en proverse, adxudicaranse en función das prioridades dos participantes que reúnan os requisitos, conforme o baremo que se publica como anexo IV.

Para acceder a tales prazas deberase obter, como mínimo, seis puntos no apartado 7 do anexo IV, referido ó proxecto de traballo e entrevista.

Sétima.

As prazas dos departamentos de orientación dos institutos de educación secundaria e dos colexios de educación infantil e primaria ou de educación primaria adxudicaranse conforme os seguintes criterios, aplicados sucesivamente:

a) Prioridade a aquelas prazas localizadas no sector no que actualmente desempeñan a súa función os membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio.

b) Maior antigüidade, con carácter definitivo, no sector no que actualmente desempeñan a súa función.

c) Maior tempo de servicios prestados no equipo psicopedagóxico de apoio con carácter definitivo, computándose para estes efectos os dous anos transcorridos en situación de provisionalidade.

Computaranse, así mesmo, os servicios prestados en comisión de servicios noutros postos ou os prestados como funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

d) Maior antigüidade como funcionario docente, ou como contratado laboral.

e) Menor número de rexistro persoal ou se é o caso o número de lista.

Oitava.

Os criterios establecidos na base anterior aplicaranse na adscrición dos especialistas de audición e linguaxe.

Novena.

A adscrición dos traballadores sociais ós equipos de orientación específicos rexerase pola antigüidade no equipo.

Décima.

Os participantes neste procedemento de adscrición presentarán solicitude, conforme o modelo que se publica como anexo V, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e simultaneamente presentarán, se é o caso, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo IV á presente orde.

Os criterios de prioridade establecidos na base sétima da presente orde serán aplicados de oficio pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo primeira.

O prazo de presentación de solicitudes, documentos e proxecto ó que fai referencia a base sexta será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da presente orde.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias, non se admitirá ningunha modificación ás peticións formuladas.

Décima segunda.

A instancia e, se é o caso, a documentación xustificativa dos méritos alegados poderase presentar nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presentaren a súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Décimo terceira.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes levaraa a efecto unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Para a valoración do punto 7 do anexo IV constituirase unha comisión formada polos seguintes membros:

- Presidente: o director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional ou persoa en quen delegue.

- Vocais:

a) Un subdirector xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dous membros dos Servicios da Inspección Educativa.

c) Un profesor/a da universidade

- Secretario:

Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará con voz e sen voto.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), as anteditas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Os membros da comisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cada un dos sindicatos pertencentes á mesa sectorial de educación poderá nomear unha persoa representante para asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto.

Décimo cuarta.

Realizadas as baremacións dos méritos alegados polos concursantes procederase, conforme as súas peticións e méritos, á adscrición provisional, que se fará pública nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Para a adscrición ós equipos de orientación específicos, en caso de se produciren empates, no total das puntuacións establecidas nos criterios da base sexta, estes resolveranse, atendendo sucesivamente á maior puntuación obtida en cada un dos apartados do baremo establecidos no anexo IV, pola orde na que aparecen nel. Se persistise o empate, atenderase á puntuación

obtida nos distintos subapartados pola orde na que aparecen no dito baremo.

Décimo quinta.

Os concursantes poderán presentar reclamacións á adscrición provisional, a través do órgano no que presentaron a súa solicitude, no prazo de cinco días hábiles a partir da súa exposición.

Décimo sexta.

Consideradas as reclamacións a que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-la resolución definitiva da adscrición.

A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Décimo sétima.

A toma de posesión da praza que se adxudique na resolución definitiva deste procedemento de adscrición terá efectividade desde o primeiro de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Décimo oitava.

O persoal que resulte adscrito ós equipos de orientación específicos ou á xefatura dos departamentos de orientación está obrigado a desprazarse ós centros que se lle adscriba, conforme o establecido no Decreto 120/1998, do 23 de abril.

Décimo novena.

De conformidade co establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, a delegación provincial correspondente procederá a efectua-las adscricións provisionais que resulten pertinentes.

Vixésima.

Os funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de psicoloxía e pedagoxía, que por seren membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio, opten por participar e obteñan praza nesta adscrición deberán elixir entre esta praza ou a adxudicada na resolución do concurso de traslados.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

CódigoPrazasEquipo

específico

15000001COrientación vocacional e profesionalA Coruña
15000002CSobredotaciónA Coruña
15000003CDiscapacidades sensoriaisA Coruña
15000004CTrastornos motóricosA Coruña
15000005CTrastornos xeneralizados do desenvolvementoA Coruña
15000006CTrastornos da conductaA Coruña
15000007CALA Coruña
15000008CTraballador social/educador socialA Coruña

27000001COrientación vocacional e profesionalLugo
27000002CSobredotaciónLugo
27000003CDiscapacidades sensoriaisLugo
27000004CTrastornos motóricosLugo

CódigoPrazasEquipo

específico

27000005CTrastornos xeneralizados do desenvolvementoLugo
27000006CTrastornos da conductaLugo
27000007CALLugo
27000008CTraballador social/educador socialLugo

32000001COrientación vocacional e profesionalOurense
32000002CSobredotaciónOurense
32000003CDiscapacidades sensoriaisOurense
32000004CTrastornos motóricosOurense
32000005CTrastornos xeneralizados do desenvolvementoOurense
32000006CTrastornos da conductaOurense

CódigoPrazasEquipo

específico

32000007CALOurense
32000008CTraballador social/educador socialOurense

36000001COrientación vocacional e profesionalPontevedra
36000002CSobredotaciónPontevedra
36000003CDiscapacidades sensoriaisPontevedra
36000004CTrastornos motóricosPontevedra
36000005CTrastornos xeneralizados do desenvolvementoPontevedra
36000006CTrastornos da conductaPontevedra
36000007CALPontevedra
36000008CTraballador social/educador socialPontevedra

ANEXO II

Código centroCódigo localidadeNome do centroLocalidade

PROVINCIA: A CORUÑA

15027125C150010100IES DE VIÓNSABEGONDO
15027721C150020801IES DE AMESAMES
15000338C150040101CPI CONDE DE FENOSAARES
15027733C150060100IES DE ARZÚAARZÚA
15019301C150070100CPI DE SAN VICENTESAN VICENTE
15001070C150080202CPI DE CRUZ DO SARBERGONDO
15001239C150100505CPI ARMANDO COTARELO V.BOIMORTO
150NVP12C150110303IES (CREACIÓN PROGRAM)BOIRO
15026698C150110303IES ESPIÑEIRABOIRO
15023338C150110303IES PRAIA BARRAÑABOIRO
15001665C150120102CPI DO FORTEBOQUEIXÓN
15026352C150130901IES DE ESPARÍS-VICESOBRIÓN
15001926C150140307CPI AS REVOLTASCABANA DE BERGANTIÑOS
150NVP04C150160100IES (CREACIÓN PROGRAM)CAMARIÑAS
150NVP20C150170501IES (CREACIÓN PROGRAM)CAMBRE
15002581C150190703IES ALFREDO BRAÑASCARBALLO
15027307C150190703IES ISIDRO PARGA PONDALCARBALLO
15021755C150610201IES CABO ORTEGALCARIÑO
150NVP21C150200100IES (CREACIÓN PROGRAM)CARNOTA
15003005C150210000CPI VICENTE OTERO VALC.CARRAL
15026376C150220104IES DE CEDEIRACEDEIRA
15003224C150230000IES FERNANDO BLANCOCEE
15003376C150240108CPI O CRUCECERCEDA
15003881C150291208CPI ALCALDE XOSÉ PICHELCORISTANCO
150NVP19C150300001IES (CREACIÓN PROGRAM)CORUÑA, A
15026716C150300001IES ADORMIDERASCORUÑA, A
15005233C150300001IES AGRA DO ORZÁNCORUÑA, A
15005269C150300001IES DIEGO DELICADO MAR.CORUÑA, A
15005245C150300001IES MONELOSCORUÑA, A
15005002C150300001IES RAMÓN OTERO PEDRAYOCORUÑA, A
150NVP25C150310202IES (CREACIÓN PROGRAM)CULLEREDO
15023399C150330311CPI DE DODRODODRO
15023405C150350000CPI A XUNQUEIRAFENE
15021470C150360001IES CANIDOFERROL
15025566C150360001IES DE FERROL VELLOFERROL
15006687C150360001IES EUGENIO LÓPEZ E LÓPEZFERROL
15006754C150360001IES MARQUÉS DE SUANCESFERROL
15025645C150360001IES RICARDO CARBALLO CAL.FERROL
15021469C150360001IES ROBERTO VIDAL TORREFERROL
15006730C150360001IES SOFÍA CASANOVAFERROL
150NVP02C150370302IES (CREACIÓN PROGRAM)FISTERRA
150NVP27C150380506IES (CREACIÓN PROGRAM)FRADES
15007621C150400101CPI EUGENIO LÓPEZ E LÓPEZLAXE
15008039C150420421CPI CERNADAS DE CASTROLOUSAME
15008301C150430801IES BEO-SEAIAMALPICA DE BERGANTIÑOS
15008714C150451207CPI DA PICOTAMAZARICOS
15008817C150461902IES DE MELIDEMELIDE
15020854C150471209CPI DE XANCEDAMESÍA
15009071C150480402CPI CASTRO BAXOIMIÑO
15009241C150500300CPI VIRXE DA CELAMONFERO
150NVP10C150530400IES (CREACIÓN PROGRAM)MUROS
15026388C150530400IES FONTEXERÍAMUROS
15009676C150520901IES VIRXEN DA BARCAMUXÍA
15010058C150540900CPI DO FEALNARÓN
150NVP30C150580801IES (CREACIÓN PROGRAM)OLEIROS
150NVP06C150590914IES (CREACIÓN PROGRAM)ORDES
150NVP31C150600700IES (CREACIÓN PROGRAM)OROSO
15020544C150612101IES DE ORTIGUEIRAORTIGUEIRA
150NVP01C150620618IES (CREACIÓN PROGRAM)OUTES
15012730C150650505IES CAMILO JOSÉ CELAPADRÓN
15023090C150650505IES MACÍAS O NAMORADOPADRÓN
15019347C150660100CPI CAMIÑO DE SANTIAGOO PINO
15025530C150670401IES DA POBRA CARAMIÑALA POBRA DO CARAMIÑAL
15023429C150700509CPI MONTE CAXADOPONTES G., AS
15021767C150700509IES AS PONTESPONTES G., AS
15026807C150720507IES FÉLIX MURIELRIANXO
15014556C150730904IES COROSORIBEIRA

Código centroCódigo localidadeNome do centroLocalidade

15027711C150730904IES LELIADOURARIBEIRA
15014738C150740906CPI DOS DICESROIS
150NVP23C150760704IES (CREACIÓN PROGRAM)SAN SADURNIÑO
15026030C150771400IES DE SANTA COMBASANTA COMBA
15015743C150780001IES ARCEBISPO XELMÍREZ ISANTIAGO COMPOSTELA
15025301C150780001IES ARCEBISPO XELMÍREZ IISANTIAGO COMPOSTELA
15016000C150780001IES COMPOSTELASANTIAGO COMPOSTELA
15015755C150780001IES ROSALÍA DE CASTROSANTIAGO COMPOSTELA
15021482C150780001IES SAN CLEMENTESANTIAGO COMPOSTELA
15027411C150820100IES DE CACHEIRASTEO
15021317C150840411CPI PECALAMATORDOIA
15017880C150851703CPI DE FONTE-DÍAZTOURO
15020994C150860310CPI DE VIAÑO PEQUENOTRAZO
15018203C150880201CPI DE BEMBIBREVAL DO DUBRA
15018148C150870702CPI DE ATIOSVALDOVIÑO
15020911C150891101CPI DE VEDRAVEDRA
15026418C150921411IES DE VIMIANZOVIMIANZO
15019281C150930203CPI DE ZASZAS
15027368C150930203IES MAXIMINO ROMERO LEMAZAS

PROVINCIA: LUGO

27016649C270020612IES DE ALFOZALFOZ
27007958C279010301CPI LUÍS DÍAZ MORENOBARALLA
27016315C270060301IES DE BECERREÁBECERREÁ
27013934C270130101IES PERDOUROBURELA
27002249C270113701CPI DE CASTROVERDECASTROVERDE
27002353C270120701CPI DE CERVANTESCERVANTES
27016509C270130101IES MARQUÉS DE SARGADELOSCERVO
27002997C270151507CPI VIRXE DO MONTECOSPEITO
27003151C270161400IES LAMA DAS QUENDASCHANTADA
27003175C270161400IES VAL DO ASMACHANTADA
27003655C270170706CPI DE SEOANEFOLGOSO DO COUREL
27014811C270180901IES DA FONSAGRADAFONSAGRADA, A
27013661C270190403IES O CENTIÑOFOZ
27013983C270190403IES VILAXOANEFOZ
27004635C270200901CPI DR. LÓPEZ SUÁREZFRIOL
27014008C270231000CPI DE GUNTÍNGUNTÍN
27005913C270261402CPI RAMÓN PIÑEIROLÁNCARA
270NVP06C270282701IES (CREACIÓN PROGRAM)LUGO
27015761C270282701IES ÁNXEL FOLELUGO
27006528C270282701IES AS MERCEDESLUGO
27006541C270282701 IES NOSA SRA. DOS OLLOS GLUGO
27016455C270282701IES SANXILLAOLUGO
27006553C270282701IES XOÁN MONTESLUGO
27016303C270290113IES PEDREGAL DE IRIMIAMEIRA
27006966C270300701IES SAN ROSENDOMONDOÑEDO
27015311C270311101IES A PINGUELAMONFORTE DE LEMOS
27007247C270311101IES FRANCISCO DAVIÑA REYMONFORTE DE LEMOS
27007259C270311101IES RÍO CABEMONFORTE DE LEMOS
27016248C270321705IES DE MONTERROSOMONTERROSO
27007788C270341202CPI DOUTOR DANIEL MONJENAVIA DE SUARNA
270NVP04C270441200IES (CREACIÓN PROGRAM)PASTORIZA, A
27015967C270450901CPI DE PEDRAFITA DO CEB.PEDRAFITA DO CEBREIRO
27016297C270480900IES DA PONTENOVAPONTENOVA, A
27015189C270501508IES DE QUIROGAQUIROGA
27016613C270530101IES DE RÁBADERÁBADE
27010933C270510801IES Nº 1 DE RIBADEORIBADEO
27010945C270510801IES PORTA DA AUGARIBADEO
27012048C270574201IES Nº 2 DE SARRIASARRIA
27012450C270582602CPI DR. LÓPEZ SUÁREZSAVIÑAO, O
27016650C270602207IES DE TABOADATABOADA
27013636C270661201IES MARÍA SARMIENTOVIVEIRO
27013648C270661201IES VILAR PONTEVIVEIRO
27016625C270250102IES DE XOVEXOVE

PROVINCIA: OURENSE

32016340C320060101IES DE BANDEBANDE
32001683C320090201IES MARTAGUISELAO BARCO DE V.
32001725C320090201 IES Nº 1 DO BARCO DE V. O BARCO DE V
32002781C320171401 CPI TOMÁS TERRÓN MENDAÑASOBRADELO
32015037C320190500 IES MANUEL CHAMOSO LAMASCARBALLIÑO, O
32003001C320190500 IES Nº 1 DO CARBALLIÑOCARBALLIÑO, O
32003643C320230401 CPI VIRXE DOS REMEDIOSCASTRO CALDELAS
32016625C320240904 IES DE CELANOVACELANOVA
32004118C320260401 CPI ANTONIO FAÍLDECAMBEO
32005305C320340401 CPI LAUREANO PRIETOGUDIÑA, A
32016431C320430705 IES SAN MAMEDEMACEDA
32006929C320450603 CPI DE MASIDEMASIDE
32009360C320541201 CPI JOSÉ GARCÍA DE MENDEOURENSE
32015050C320541201 IES A FARIXAOURENSE
32008902C320541201 IES CARBALLEIRAOURENSE
32016455C320541201IES JULIO PRIETO NESPEREIRAOURENSE
32015177C320560217 CPI DE PADRENDA-CRESPOSPADRENDA
32015876C320631301 IES XERMÁN ANCOCHEAPOBRA DE TRIVES, A
32011305C320690501 CPI TOMÁS DE LEMOSRIBADAVIA
32016637C320720201 IES COSME LÓPEZ R.RÚA DE V, A
32012103C320760707 CPI VIRXE DA SALETASAN CRISTOVO DE CEA
320NVP04C320851400 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)VERÍN
32013582C320851400 IES GARCÍA BARBÓNVERÍN
32013612C320851400 IES XESÚS TABOADA CHIVITEVERÍN
32015724C320863201 IES DE VIANA DO BOLOVIANA DO BOLO

Código centroCódigo localidadeNome do centroLocalidade

32015232C320320602 IES LAGOA DE ANTELAXINZO DE LIMIA
32014801C320320602 IES Nº 1 DE XINZO DE LIMIAXINZO DE LIMIA

PROVINCIA: PONTEVEDRA

36000247C360030301 CPI DE COVA TERREÑABAIONA
360NVP29C360020000 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)BARRO
360NVP25C360040201 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)BUEU
36000405C360050301 CPI ALFONSO VIICALDAS DE REIS
36016127C360050301 IES AQUAS CELENISCALDAS DE REIS
36019475C360080201 IES DE RODEIRACANGAS
36000922C360080201 IES MARÍA SOLIÑOCANGAS
36018501C360080201 IES MONTE CARRASCOCANGAS
36001148C360090203 CPI DA CAÑIZACAÑIZA, A
36015101C360090203 IES DA CAÑIZACAÑIZA, A
36001252C360100400 CPI DE PROGRESOCATOIRA
36001665C360121100 CPI DE TENORIOCOTOBADE
36015111C360150405 CPI AURELIO MARCELINO R.CUNTIS
360NVP26C360170000 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)ESTRADA, A
36002335C360170000 IES MANUEL GARCÍA BARROSESTRADA, A
36019323C360180406 IES DE FORCAREIFORCAREI
360NVP22C360210510IES (CREACIÓN PROGRAM)GONDOMAR
360NVP11C360220106 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)GROVE, O
36019232C360220106 IES DO GROVEGROVE, O
360NVP10C360610514 IES (CRACIÓN PROGRAMADA)ILLA DE AROUSA, A
36013758C360242707 IES LAXEIROLALÍN
360NVP05C360260401 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)MARÍN
36004551C360260401 IES ALMIRANTE SALVADOR M.MARÍN
36015159C360260401 IES CHAN DO MONTEMARÍN
360NVP30C360270000 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)MEAÑO
36004708C360280701 CPI DE MOSTEIRO-MEISMEIS
36004927C360300505 CPI DE MONDARIZMONDARIZ
36005142C360320910 CPI SANTA LUCÍAMORAÑA
360MOS01C360330702 IES DE MOSMOS
36006079C360370702 CPI CURROS ENRÍQUEZPAZOS DE BORBÉN
36020143C360410213 IES DE POIOPOIO
360NVA01C360730700 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)PONTE-CALDELAS
36007552C360422301 IES A GRANXAPONTEAREAS
36013692C360422301 IES Nº 1 DE PONTEAREASPONTEAREAS
36014520C360422301 IES PEDRA DA AUGAPONTEAREAS
36007621C360440106 CPI DE PONTECESURESPONTECESURES
36014489C360381301 IES A XUNQUEIRAPONTEVEDRA
36013761C360381301 IES A XUNQUEIRA IPONTEVEDRA
36020064C360381301 IES DE HOSTELERÍAPONTEVEDRA
36006729C360381301 IES VALLE-INCLÁNPONTEVEDRA
36017685C360390702 CPI DE RIBEIRAPORRIÑO, O
36007011C360390702 IES PINO MANSOPORRIÑO, O
36007035C360400305 CPI DOMINGO FONTÁNPORTAS
360NVP31C360450801IES (CREACIÓN PROGRAM)REDONDELA
36007734C360450801 IES MENDIÑOREDONDELA
36016656C360450801 IES PEDRO FLORIANIREDONDELA
36007813C360460106 CPI JULIA BECERRA MALVARRIBADUMIA
36008155C360471706 CPI DE RODEIRORODEIRO
36013576C360480209 CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIERROSAL, O
36008489C360490303 CPI ALTAMIRASALCEDA DE CASELAS
360NVP12C360510900 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)SANXENXO
360NVP16C360523000 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)SILLEDA
36009172C360530101 CPI MANUEL PADÍN TRUITEIROSOUTOMAIOR
36019751C360540000 IES DE TOMIÑOTOMIÑO
36014544C360551201 IES FRANCISCO SÁNCHEZTUI
360NVP14C360560400 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)VALGA
36015241C360573101 CPI CELSO EMILIO FERREIROVIGO
360NVP18C360573101IES (CREACIÓN PROGRAMADA)VIGO
360NVP32C360573101IES (CREACIÓN PROGRAMADAVIGO
36014601C360573101 IES ÁLVARO CUNQUEIROVIGO
36011567C360573101 IES CASTELAOVIGO
36019426C360573101 IES Nº 11VIGO
36016681C360573101 IES O MEIXOEIROVIGO
36019062C360573101 IES OS ROSAIS IIVIGO
36018461C360573101 IES REPÚBLICA ORIENTAL DO U.VIGO
36017430C360573101 IES RICARDO MELLAVIGO
36011580C360573101 IES SAN TOMÉ DO FREIXEIROVIGO
360NVP17C360591000 IES (CREACIÓN PROGRAMADA)VILA DE CRUCES
36013588C360580517 CPI DO TOURALVILABOA
36012471C360600101 IES CALVO SOTELOVILAGARCÍA DE A.
36013771C360600101 IES FERMÍN BOUZA BREYVILAGARCÍA DE A.
360NVP09C360610701IES (CREACIÓN PROGRAMADA)VILANOVA DE AROUSA
36019414C360610701 IES DE VILANOVA DE A. VILANOVA DE AROUSA

ANEXO III

INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA NON INCLUÍDOS NO ANEXO II

Código centroCódigo localidadeNome do centroLocalidade

PROVINCIA: A CORUÑA

15023302C150050200IES MANUEL MURGUÍAARTEIXO
15023314C150050200IES Nº 2 DE ARTEIXOARTEIXO
15001148C150090001IES AS MARIÑASBETANZOS

Código centroCódigo localidadeNome do centroLocalidade

15001136C150090001IES FRANCISCO AGUIARBETANZOS
15026704C150170501IES DE CAMBRECAMBRE
15002591C150190703IES MONTE NEMECARBALLO
15003212C150230000IES AGRA DE RAÍCESCEE
15024926C150300001IES A SARDIÑEIRACORUÑA, A
15022607C150300001IES ÁNXEL CASALCORUÑA, A
15005221C150300001IES EUSEBIO DA GUARDACORUÑA, A
15005397C150300001IES FERNANDO WIRTZ SUÁREZCORUÑA, A
15025611C150300001IES MONTE DAS MOASCORUÑA, A
15005579C150300001IES Nº 4 ELVIÑACORUÑA, A
15026421C150300001IES RAFAEL DIESTECORUÑA, A
15005257C150300001IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDALCORUÑA, A
15005211C150300001IES SALVADOR DE MADARIAGACORUÑA, A
15024513C150300001IES SOMESOCORUÑA, A
15005749C150310202IES CRUCEIRO BALEARESCULLEREDO
15022620C150320402IES DE CURTISCURTIS
15021913C150350000IES BARALLOBREFENE
15024677C150350000IES O PAZOFENE
15006778C150360001IES CARANZAFERROL
15006742C150360001IES CONCEPCION ARENALFERROL
15027654C150411207IES LARACHALARACHA
15025657C150510302IES DE MUGARDOSMUGARDOS
15025268C150540900IES AS TELLEIRASNARÓN
15026455C150540900IES TERRA DE TRASANCOSNARÓN
15027216C150550201IES FERNANDO ESQUÍONEDA
15026391C150561501IES XULIÁN MAGARIÑOSNEGREIRA
15026731C150570000IES CAMPO DE SAN ALBERTONOIA
15010812C150570000IES VIRXE DO MARNOIA
15027228C150580801IES MARÍA CASARESOLEIROS
15026121C150580801IES XOSÉ NEIRA VILASPERILLO-OLEIROS
15021743C150590914IES DE ORDESORDES
15026406C150140421IES DE PONTECESOPONTECESO
15025682C150690701IES FRAGA DO EUMEPONTEDEUME
15020556C150690701IES Nº 1 DE PONTEDEUMEPONTEDEUME
15025694C150700509IES MONCHO VALCARCEPONTES G., AS
15027691C150710812IES DE PORTO DO SONPORTO DO SON
15014568C150730904IES Nº 1 DE RIBEIRARIBEIRA
15026029C150750604IES ISAAC DÍAZ PARDOSADA
15026753C150780001IES A PONTEPEDRIÑASANTIAGO COMPOSTELA
15025712C150780001IES ANTONIO FRAGUAS FRAG.SANTIAGO COMPOSTELA
15027058C150780001IES AS FONTIÑASSANTIAGO COMPOSTELA
15015861C150780001IES EDUARDO PONDALSANTIAGO COMPOSTELA
15023466C150780001IES LAMAS DE ABADESANTIAGO COMPOSTELA
15015767C150780001IES MONTE DE CONXOSANTIAGO COMPOSTELA
15027319C150780001IES SARSANTIAGO COMPOSTELA

PROVINCIA: LUGO

27013958C270130101IES MONTE CASTELOBURELA
27015891C270100000IES DA TERRA CHÁCASTRO DE REI
27016200C270220410IES DE GUITIRIZGUITIRIZ
27015773C270282701IES A PIRINGALLALUGO
27006531C270282701IES LUCUS AUGUSTILUGO
27006516C270282701IES Nº 1 DE LUGOLUGO
27016352C270402902IES DE PALAS DE REIPALAS DE REI
27012036C270574201IES Nº 1 DE SARRIASARRIA
27013326C270652901IES Nº 1 DE VILALBAVILALBA
27013314C270652901IES SANTIAGO BASANTA SILV.VILALBA

PROVINCIA: OURENSE

32016339C320010200 IES DE ALLARIZALLARIZ
32009116C320541201 IES 12 DE OCTUBREOURENSE
32009190C320541201 IES AS LAGOASOURENSE
32008941C320541201 IES EDUARDO BLANCO AMOROURENSE
32009131C320541201 IES Nº 1 DE OURENSEOURENSE
32015207C320541201 IES O COUTOOURENSE
32015451C320541201 IES PORTOVELLOOURENSE
32008951C320541201 IES RAMÓN OTERO PEDRAYOOURENSE
32016273C320541201 IES XESÚS FERRO COUSELOOURENSE
32015475C320690501 IES Nº 2 DE RIBADAVIARIBADAVIA
32011330C320690501 IES O RIBEIRORIBADAVIA

PROVINCIA: PONTEVEDRA

36019657C360030301 IES PRIMEIRO DE MARZOBAIONA
36019463C360040201 IES JOHAN CARBALLEIRABUEU
36019396C360060101 IES FRANCISCO ASOREYCAMBADOS
36000481C360060101 IES RAMÓN CABANILLASCAMBADOS
36002359C360170000 IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZESTRADA, A
36019220C360210510 IES DE GONDOMARGONDOMAR
36019244C360230201IES A SANGRIÑAGUARDA, A
36004137C360242707 IES RAMÓN M' ALLER ULLOALALÍN
36004745C360210000 IES A PARALAIAMOAÑA
36018999C360210000 IES Nº 2 DE MOAÑAMOAÑA
36019402C360340506 IES O PAZO DA MERCÉNEVES, AS
36015184C360350000 IES ESCOLAS PROVALNIGRÁN
36014428C360350000 IES VAL MIÑORNIGRÁN
36018379C360381301 IES A XUNQUEIRA IIPONTEVEDRA
36006730C360381301 IES FREI MARTÍN SARMIENTOPONTEVEDRA

Código centroCódigo localidadeNome do centroLocalidade

36019268C360381301 IES GONZALO TORRENTE B.PONTEVEDRA
36018677C360381301 IES LUÍS SEOANEPONTEVEDRA
36006717C360381301IES SÁNCHEZ CANTÓNPONTEVEDRA
36019529C360390702 IES RIBEIRA DO LOUROPORRIÑO, O
36019566C360450801 IES DE CHAPELAREDONDELA
36019256C360510900 IES DE VILALONGAVILALONGA
36009901C360551201 IES SAN PAIOTUI
36011579C360573101 IES A GUÍA-Nº 3VIGO
36011798C360573101 IES ALEXANDRE BÓVEDAVIGO
36019050C360573101 IES DE BEADEVIGO
36018173C360573101 IES DE TEISVIGO
36019670C360573101 IES DO CASTROVIGO
36013448C360573101 IES MANUEL ANTONIOVIGO
36011634C360573101 IES Nº 1 DE VIGOVIGO
36014568C360573101 IES Nº 6VIGO
36011592C360573101 IES SANTA IRENEVIGO
36019669C360600101 IES ARMANDO COTARELO V.VILAGARCÍA DE A.
36018380C360600101 IES DO CARRILVILAGARCÍA DE A.

COLEXIOS PÚBLICOS CON POSTOS VACANTES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Código centroCódigo localidadeNome do centroLocalidade

PROVINCIA: A CORUÑA

15002050C150160105CEI P DO AREALAREAL
15000363C150050200CEI P ALMIRANTE CARRERO B.ARTEIXO
15000107C150020701CEIP BISPO GUERRA CAMPOSBERTAMIRÁNS
15001124C150090001CEIP FRANCISCO VALES V.BETANZOS
15021500C150110303CEIP SANTA BAIABOIRO
15002165C150170501CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ F.CAMBRE
15021354C150190703CEIP BERGANTIÑOSCARBALLO
15002578C150190703CEIP FRANCISCO FRANCOCARBALLO
15027253C150310102CEIP ISAAC DÍAZ PARDOCARCABELOS
15011661C150610201CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNECARIÑO
15023375C150300001CEI JOSE CORNIDE SAAVEDRACORUÑA A
15027241C150300001CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATOR.CORUÑA A
15025025C150300001CEIP SAN FRANCISCO JAVIERCORUÑA A
15025724C150820103CEIP OS TILOSCOVAS
15003248C150230302CEIP EUGENIO LÓPEZESCABANAS
15021846C150360001CEIP SAN XOÁN DE FILGUEIRAFERROL
15023041C150051003CEP DE GALÁNGALAN
15023053C150171101CEIP DO GRAXALGRAXAL, O TEMPLE
15007886C150411207CEIP RAMÓN OTERO PEDRAYOLARACHA
15026765C150430602CEIP MILLADOIROMALPICA DE BERGANTIÑOS
15010575C150561501CEIP DE NEGREIRANEGREIRA
15011981C150612101CEIP ALFÉREZ PROVISIONALORTIGUEIRA
15012717C150650505CEIP ROSALÍA DE CASTROPADRÓN
15001847C150130516CEIP DE PEDROUZOSPEDROUZOS
15013163C150670401CEIP FERNÁNDEZ VARELAPOBRA DO CARAMIÑAL A
15013199C150670401CEIP SALUSTIANO REY EIRASPOBRA DO CARAMIÑAL A
15025670C150580416CEIP ISIDRO PARGA PONDALPORTO DE SANTA CRUZ
15013977C150710812CEIP SANTA IRENEPORTO DO SON
15014180C150720507ALFONSO D. RODRÍGUEZRIANXO
15003881C150291308CEIP ALCALDE XOSÉ PICHELSAN ROQUE
15027332C150780001CEIP DAS FONTIÑASSANTIAGO COMPOSTELA
15024227C150361101CEIP DE PAZOSSERANTES
15012262C150620623CEIP DA SERRA DE OUTESSERRA DE OUTES
15023740C150540603CEIP A SOLANASOLANA, A

PROVINCIA: LUGO

27003126C270161400CEIP XOÁN DE REQUEIXACHANTADA
27014793C270282701CEIP PARADAILUGO
27012012C270574201CEIP FREI LUIS DE GRANADASARRIA
27014941C270661201CEP NORIEGA VARELAVIVEIRO

PROVINCIA: OURENSE

32015116C320090201CEIP CONDESA DE FENOSABARCO DE V., O
32002951C320190500CEIP CALVO SOTELOCARBALLIÑO O
32009153C320541201CEIP MARIÑAMANSAOURENSE
32011305C320690501CEIP TOMAS DE LEMOSRIBADAVIA
32013521C320851400CEIP PRINCESA DE ESPAÑAVERÍN

PROVINCIA: PONTEVEDRA

36009913C360560201CEP DE XANZABAÑO-VALGA
36000341C360040201CEIP DE BUEUBUEU
36012584C360600401CEIP ROSALIA DE CASTROCARRIL
36010666C360570905CEIP SAN SALVADORIGREXA-TEIS
36004101C360242707 CEIP DE LALÍNLALÍN
36000326C360040107CEIP MONTEMOGOSMONTEMOGOS
36006420C360381301CEIP CAMPOLONGOPONTEVEDRA
36015172C360381301CEP A XUNQUEIRA NUMERO 2PONTEVEDRA
36007023C360390702CEIP XOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZPORRIÑO O
36004733C360290205CEIP DE REIBÓNREIBÓN
36001033C360080411CEIP DE SAN ROQUE DO MONTESAN ROQUE DO MONTE
36009895C360551201CEIP NUMERO 2TUI

Código centroCódigo localidadeNome do centroLocalidade

36015068C360573101CEIP BALAIDOSVIGO
36010162C360573101CEIP CANICOUVAVIGO
36017697C360573101CEIP ESCULTOR ACUÑAVIGO
36015251C360573101CEIP FRIAN-TEISVIGO
36010538C360573101CEIP LOPE DE VEGAVIGO
36015366C360573101CEIP O POMBALVIGO
36010629C360573101CEIP VICENTE RISCOVIGO
36016051C360573101CEP SEIS DO NADALVIGO
36012419C360600101CEIP AREALONGAVILAGARCÍA DE AROUSA
36012407C360600101CEIP XOSE ANTONIOVILAGARCÍA DE AROUSA
36005774C360350315CEIP VILAMEANVILAMEÁN

ANEXO IV

BAREMO

ADSCRICIÓN DO PERSOAL DOS EQUIPOS PSICOPEDAGÓXICOS DE APOIO ÓS EQUIPOS DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICOS

ConceptosPuntuaciónTotal

puntos

máximo

Documentos

xustificativos

1. Antigüidade
1.1. Tempo de permanencia ininterrompida con destino definitivo no EPsA desde o que participa.0,20 por anoFolla de servicios certificada pola delegación provincial
1.2. Anos de servicio activo nos equipos psicopedagóxicos de apoio.0,20 por ano3,00
1.3. Anos de servicio activo como funcionario de carreira no corpo de mestres ou como contratado laboral.0,10 por ano
(Non se computarán os anos referidos ós apartados 1.1. e 1.2.)
2. Méritos relacionados co posto ó que aspira
2.1. Participación como relator en actividades de formación do profesorado relacionadas coa especialidade solicitada.Ata 9 h: 0,10

de 10 a 18 h: 0,20

de 19 a 36 h: 0,40

de 37 a 100 h: 0,50

máis de 100 h: 0,60

3,50Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas
2.2. Dirección e organización de actividades, coordinación de seminarios permanentes, proxectos de investigación e innovación en centros relacionados coa especialidade solicitada e autorizados polas administracións educativas.Ata 25 h: 0,10

de 26 a 50 h: 0,20

de 51 a 100 h: 0,30

de 101 a 150 h: 0,40

máis de 150 h: 0,60

2.3. Participación en programas de investigación educativa, seminarios permanentes, proxectos de formación en centros e asistencia a cursos relacionados coa especialidade solicitada e autorizados polas administracións educativas.0,25 por actividade2,00

Non serán compatibles as valoracións dos apartados 2.2. e 2.3. referidas á mesma actividade.

ConceptosPuntuaciónTotal

puntos

máximo

Documentos

xustificativos

3. Asistencia a cursos
Por asistencia a cursos, xornadas, encontros, simposios e grupos de traballo relacionados coa especialidade que se solicita.Ata 25 h.........0,10

de 26 a 50 h....0,20

de 51 a 100 h...0,30

de 101 a 150 h: 0,40

máis de 150 h: 0,60

2Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas
Non serán compatibles as valoracións dos apartados 2.1., 2.2., 2.3. e 3 referidas á mesma actividade.
4. Titulacións académicas
4.1. Título de doutor.1,50
4.2. Por cada título de licenciado.1,00
4.3. Por titulación de diplomatura ou equivalente distinta ás esixidas para o ingreso no corpo.0,505Fotocopia compulsada do título ou certificado de estudios
4.4. Pola relación dos estudios da especialidade ou dos cursos de postgrao co posto que solicita. 0,5
5. Cursos e actividades relacionados coa lingua galega
5.1. Iniciación.0,50Fotocopia compulsada da certificación acreditativa
5.2. Perfeccionamento.1,001,50
5.3. Especialización1,50
(A puntuación destes cursos non é acumulable)
6. Publicacións
Publicacións escritas, audiovisuais ou informáticas de carácter científico ou pedagóxico-didáctico relacionadas coa especialidade.3,00Exemplares correspondentes con ISBN, ou ISNN
7. Para acceder ós equipos de orientación específicos: proxecto de traballo e entrevista

O proxecto de traballo deberá incluí-los seguintes apartados: xustificación baseada no contexto, obxectivos, planificación xeral e definición de accións prioritarias, estratexias de intervención e criterios de avaliación.Ata

10,00

Proxecto
(Puntuación mínima esixida para este apartado, 6 puntos)

FOLLA DE SERVICIOS

ConceptosAnos de

servicios

PuntuaciónTotal

puntos

1. Antigüidade (máximo 3 puntos)
1.1. Tempo de permanencia ininterrompida con destino definitivo no EpsA desde o que participa.0,20 por ano
1.2. Anos de servicio activo nos equipos psicopedagóxicos de apoio.0,20 por ano
1.3.Anos de servicio activo como funcionario de carreira no corpo de mestres ou como contratado laboral.0,10 por ano
(Non se computarán os anos referidos ós apartados 1.1. e 1.2.)

ConceptosDenominación

do curso

Nº de

horas

2. Méritos relacionados co posto ó que aspira
2.1. Participación como relator en actividades de formación do profesorado relacionadas coa especialidade solicitada.
2.2. Dirección e organización de actividades, coordinación de seminarios permanentes, proxectos de investigación e innovación en centros relacionados coa especialidade solicitada e autorizados polas administracións educativas.
(Os apartados 2.1. e 2.2. máximo 3.50 puntos)
2.3. Participación en programas de investigación educativa, seminarios permanentes, proxectos de formación en centros e asistencia a cursos relacionados coa especialidade solicitada e autorizados polas administracións educativas. (máx. 2.00 puntos)
Non serán compatibles as valoracións dos apartados 2.2. e 2.3. referidas á mesma actividade.
3. Asistencia a cursos. (Máx. 2.00 puntos)
Por asistencia a cursos, xornadas, encontros, simposios e grupos de traballo relacionados coa especialidade que se solicita.
Non serán compatibles as valoracións dos apartados 2.1., 2.2., 2.3. e 3 referidas á mesma actividade.

ConceptosDenominaciónPuntuaciónTotal

puntos

4. Titulacións académicas (Máx. 5 puntos)
4.1. Título de doutor.1,50
4.2. Por cada título de licenciado.1,00
4.3. Por titulación de diplomatura ou equivalente distinta ás esixidas para o ingreso no corpo.0,50
4.4. Pola relación dos estudios da especialidade ou dos cursos de postgrao co posto que solicita.0,50
5. Cursos e actividades relacionados coa lingua galega (Máx. 1,50 puntos).
5.1. Iniciación.0,50
5.2. Perfeccionamento.1,00
5.3. Especialización1,50
(A puntuación destes cursos non é acumulable)

ConceptosDenominaciónPuntuaciónTotal

puntos

6. Publicacións (Máx. 3 puntos)
Publicacións escritas, audiovisuais ou informáticas de carácter científico ou pedagóxico-didáctico relacionadas coa especialidade.

5425