Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de convocatorias.

O Diario Oficial de Galicia, números 84, 85 e 87, do 5, 6 e 8 de maio de 1998 e o BOP da Coruña, número 93, do 25 de abril de 1998, publican a convocatoria das seguintes prazas:

a) Unha praza de encargado de servicios, sistema concurso-oposición, pertencente á escala Administración especial, subescala servicios especiais, clase cometidos especiais, grupo C.

b) Unha praza de sarxento da policía local, sistema concurso, promoción interna, escala Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, grupo C.

c) Unha praza de conserxe-telefonista, sistema oposición libre, escala Administración xeral, subescala subalterna, grupo E.

As instancias presentaranse no prazo de vinte días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no BOE.

O que se publica para os efectos do artigo 233.3º da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Cambre, 5 de xuño de 1998.

O alcalde

P.D.

Augusto Rey Moreno

5054