Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/90-2, 4976 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Piñeira (Ribas de Sil).

Situación: Ribas de Sil.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 127 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión 380/220 V de 1.550 metros de lonxitude en conductor R.Z.-0,6/1 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 28 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4477