Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., en Fonte, Barreiro e outros (Monforte).
Situación: Monforte.
Descricións técnicas: liña de media tensión de 38 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión a 380/220 V de 1.470 metros de lonxitude en conductor R.Z.-0.6/1 kV Al.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de abril de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4473