Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/84-2, 4970 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Suagrande-Estornín-Penas (Baleira).

Situación: Baleira.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 0,844 km de lonxitude en conductor LA-56/54,6 sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380.220 V. Liña de baixa tensión de 1,82 km en conductor R.Z.-0.6/1 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 28 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4470