Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/211-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado 1 o proxecto (M-1) L.M.T.S. Fuso Santa Mariña-Insua.

Situación: Ferrol (A Coruña).

Descricións técnicas: modificado ó proxecto denominado L.M.T.S. H-140 Santa Mariña-Insua, consistente en: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 410 m de lonxitude entre o C.T. Banco Pastor (expediente

50119) e C.T. Mercado (expediente 30326) de 506 m de lonxitude entre o C.T. San Rosendo (expediente 30326) e C.T. Alegre (expediente 30326).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4257