Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/51-2, 4933 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío no corredor de alta velocidade Monforte-Lalín (Monforte).

Situación: Monforte-O Saviñao.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV de lonxitude total 976 metros en conductor LA-110/116.2 mm e LA-56/54.6 mm sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 216 metros de lonxitude en conductor R.Z.-0.6/1 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4311