Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/50-2, 4932 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Saenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Pedro (Becerreá).

Situación: Becerreá.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56/54.6 mm sobre apoios de formigón cunha lonxitude de 975 metros. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 . Liña de baixa tensión en conductor R.Z.-0.6/1kV Al de 2.300 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 15 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4487