Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de substitución e modificación da concesión (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3050; XG-344, de Santiago de Compostela a Vila de Cruces e Bodaño, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de substitución e modificación da concesión (ampliación de tráficos mediante a incorporación do tramo Agolada-Monterroso, como prolongación do anexo Vila de Cruces-Agolada) da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3050; XG-344, de Santiago de Compostela a Vila de Cruces e Bodaño, con anexos, da titularidade de Empresa Lázara, S.A.

Este expediente de modificación da concesión terase en conta na tramitación do expediente de substitución da mencionada concesión, publicado no Diario Oficial de Galicia do 24 de decembro de 1990 e no BOE do 31 de decembro de 1990.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente nos servicios provinciais de Transportes da Coruña (estación de autobuses), Lugo (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, 5ª planta) e Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5028