Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.621

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista en laboratorio de física, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Coa finalidade de atende-las necesidades de persoal de Administración e servicios, este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 en relación co artigo 3 e) da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza de técnico especialista en laboratorio de física, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes:

BASES DA CONVOCATORIA

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de técnico especialista en laboratorio de física, incluída no grupo III do convenio colectivo para o persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), polo sistema de promoción interna.

1.2. De non cubrirse a praza reservada a promoción interna ofertarase para a súa provisión polo sistema de acceso xeral libre.

1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de provisión.

1.4. O proceso selectivo constará das seguintes fases: oposición e concurso, coas probas e puntuacións que se especifican no anexo I.

1.5. A adxudicación da praza ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida, sumadas ámbalas dúas fases.

1.6. O programa que rexerá as probas da fase de oposición é o que se relaciona no anexo II.

2. Requisitos de admisión.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos durante todo o proceso selectivo:

a) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación.

c) Estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado ou estar suspendido do servicio de calquera Administración pública nin inhabilitado para o desempeño da función pública por sentencia firme. No caso de nacionais dun Estado estranxeiro, non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Pertencer ó cadro de persoal laboral fixo de calquera das universidades públicas de Galicia.

b) Pertencer a categoría profesional distinta á das prazas convocadas na presente convocatoria.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para tomar parte nestas probas selectivas axustaranse ó modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e deberán presentarse achegando fotocopia do DNI ou documento acreditativo de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea. Ademais, acreditaranse os méritos alegados da seguinte forma:

3.1.1. Os servicios prestados en calquera das universidades públicas de Galicia acreditaranse mediante certificación da xerencia correspondente, referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.1.2. Os cursos alegados acreditaranse mediante a presentación dos títulos e diplomas correspondentes, copia compulsada ou certificación do órgano competente de estar en condicións de obtelos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.1.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente unidade de persoal da entidade ou empresa onde prestara servicios.

3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Vigo no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

3.3. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Vigo ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os aspirantes non poderán presentar máis dunha solicitude nin solicita-la súa participación nas probas selectivas, simultaneamente, en máis dun sistema de acceso. A contravención dalgunha destas normas determinará a exclusión dos aspirantes.

3.4. Os dereitos de exame serán de 6.880 ptas. e ingresaranse na conta corrente nº 2080-0000-74-0040225994, Universidade de Vigo. «Outros ingresos». (Caixavigo, O.P. de Vigo). Na solicitude deberá figura-lo selo da entidade ban

caria acreditativo do pagamento dos dereitos de exame; a súa falta determinará a exclusión do aspirante.

En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude perante o órgano expresado na base 3.2.

3.5. Os aspirantes deberán observa-las seguintes instruccións para cubri-la súa solicitude:

a) No recadro nº 2 destinado a sistema de provisión, os aspirantes que participen polo sistema de promoción interna sinalarán a letra «P». Os aspirantes que participen polo sistema xeral de acceso libre sinalarán a letra «L».

b) Os aspirantes con minusvalidez solicitarán no recadro nº 8 as adaptacións de tempo e medios que, para a realización das probas consideren necesarias.

c) No recadro nº 25 os aspirantes que participen polo sistema de acceso xeral libre sinalarán:

-O idioma elixido para realiza-lo primeiro exercicio da segunda parte.

-O procesador de textos elixido para a realización do segundo exercicio da segunda parte.

3.6. Os erros de feito que puideran advertirse poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por pedimento do interesado.

3.7. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeran constar na súa solicitude, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningún pedimento desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo publicará no taboleiro de anuncios do rectorado, no prazo dun mes, resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión das causas que motivaran a exclusión e o prazo de emenda dos posibles defectos, que será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución.

4.2. Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

Na resolución definitiva, publicada no rectorado, indicarase así mesmo o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio. Contra esta resolución, trala comunicación a este rectorado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo de acordo co previsto na Lei 30/1992.

4.3. En todo caso co obxecto de evitar erros e, no suposto de se produciren, para posibilita-la súa

emenda en tempo e forma, os aspirantes comprobarán fidedignamente non só que non figuran na lista de excluídos, senón que os seus nomes constan correctamente na relación de admitidos.

4.4. Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ós aspirantes que sexan excluídos definitivamente da realización das probas selectivas así como ós aspirantes pola quenda de acceso xeral libre, no caso de que a praza convocada fora cuberta pola quenda de promoción interna. En ámbolos casos requirirase que na súa instancia cubriran os datos bancarios necesarios para face-la devolución.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 ou se participasen en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontrar incursos nas circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Así mesmo os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias citadas.

5.3. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal coa asistencia do presidente e o secretario, ou de se-lo caso, daqueles que os substitúan, e a metade alomenos dos seus membros. Nesta sesión, o tribunal acordará tódalas decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. Para os efectos de celebración de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a asistencia dos membros do tribunal especificadas no apartado anterior.

5.5. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase ó disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores será realizado polo rector da Universidade de Vigo, por proposta do tribunal, e seralles de aplicación o previsto na base 5.2.

5.7. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario,

de forma que os aspirantes con minusvalideces gocen de similares condicións para realizaren os exercicios có resto dos aspirantes. Para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.5.b), estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.8. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O tribunal excluirá a aqueles opositores que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.9. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no rectorado da Universidade de Vigo, rúa Areal nº 46, teléfono 986 81 36 36.

5.10. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.11. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 22.2º do convenio colectivo, poderá preve-la constitución de listas de espera, segundo a orde de puntuación acadada nas probas, cos aspirantes que non as superaran coa finalidade de atender, mediante contratacións temporais, as vacantes e necesidades que poidan producirse ata a realización da seguinte convocatoria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos aspirantes iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra B, de conformidade coa resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de marzo de 1998 (DOG do 1 de abril).

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento sendo excluídos da oposición os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos exercicios será efectuada polo tribunal nos lugares onde se celebrara o anterior, así como na sede do tribunal e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con 48 horas de antelación, polo menos, á data sinalada para a súa iniciación.

6.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Vigo, comunicándolle tamén as inexac

titudes e falsidades formuladas polo aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública nos lugares da súa celebración e no rectorado a relación de aspirantes que os superasen, con indicación da puntuación obtida e do documento nacional de identidade.

7.2. Rematada a fase de oposición, e para os aspirantes que a superaran, o tribunal fará pública a puntuación obtida na fase de concurso, que en ningún caso poderá sumarse para efectos de supera-los exercicios da oposición.

A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e de concurso.

No caso de empate na puntuación final, dirimirase a prol do aspirante que obtivese maior puntuación na primeira parte da fase de oposición; de persisti-lo empate, acudirase á puntuación obtida na fase de concurso; en último caso, resolverase a prol do que obtivese a maior puntuación no segundo exercicio da primeira parte da fase de oposición.

O tribunal fará pública para cada sistema de acceso a lista de aspirantes que, segundo a orde de puntuación acadada por cada un deles, fosen seleccionados, que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se atopen incluídos nas respectivas relacións terán a consideración de non apto para tódolos efectos, único extremo verbo do que o tribunal poderá certificar.

7.3. Rematado o proceso selectivo o presidente do tribunal presentará ó rector a relación definitiva de aspirantes aprobados, segundo o respectivo sistema de acceso e por orde de puntuación, xunto coa proposta de contratación a prol dos candidatos que superaran o devandito proceso, que se publicará no taboleiro de anuncios do rectorado.

7.4. Os aspirantes seleccionados deberán superar satisfactoriamente un período de proba de seis meses, de conformidade co previsto no artigo 14 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo (BOE do 29) polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que se fagan públicas as relacións definitivas de aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

b) Os aspirantes que accedan polo sistema de acceso xeral libre, declaración xurada ou promesa de non ter sido separados mediante expediente disci

plinario do servicio de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio da función pública.

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

8.2. Os que tivesen a condición de persoal laboral fixo de calquera universidade pública galega estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para acceder ó seu anterior posto, debendo presentar certificación da universidade correspondente para acreditar tal condición, de non tela presentado con anterioridade.

8.3. Os que dentro do prazo fixado, agás caso de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser contratados como persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen incorrido por falsidade na solicitude inicial.

9. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais, a Universidade de Vigo poderá, de se-lo caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal consonte o previsto na devandita lei.

Vigo, 12 de maio de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

EXERCICIOS E VALORACIÓN

A) Fase de oposición.

Primeira parte.

A primeira parte do proceso selectivo desenvolverase en dous exercicios, obrigatorios e eliminatorios.

Primeiro exercicio: consistirá na realización por escrito dun cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, baseado no contido da primeira parte do programa (que se relaciona no anexo II).

O tempo máximo de realización deste exercicio será de 180 minutos.

Cualificarase de 0 a 130 puntos. Para superalo será necesario obter 65 puntos.

Cada resposta errónea descontará sobre o valor da resposta acertada:

-Un 33% no primeiro 10% de respostas erróneas, sobre o total das preguntas formuladas

-Un 50% no segundo 10% de respostas erróneas, sobre o total das preguntas formuladas

-Un 67% nas restantes respostas erróneas, sobre o total das preguntas formuladas.

Segundo exercicio: consistirá na resolución dunha serie de supostos prácticos ou a realización de exercicios prácticos, baseados no contido da primeira parte do programa.

Cualificarase de 0 a 130 puntos, sendo necesario obter 65 puntos para superalo.

Segunda parte.

a) Quenda de promoción interna:

Exercicio único: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego. Terá carácter selectivo e non eliminatorio.

Cualificarase ata un máximo de 20 puntos. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

b) Acceso xeral libre:

Primeiro exercicio: consistirá en traducir do inglés ou francés para o castelán (a elección do aspirante) e auxiliados de diccionario, un texto facilitado polo tribunal. Este exercicio terá carácter selectivo e non eliminatorio.

Cualificarase ata un máximo de 20 puntos. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

Segundo exercicio: consistirá en dar forma e traducir para o galego un texto en castelán facilitado polo tribunal mediante un procesador de textos (Word 6.0., Word 7.0. ou Wordperfect 6.x.) a elección do candidato. Terá carácter selectivo e non eliminatorio.

Cualificarase ata un máximo de 20 puntos. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

Terceiro exercicio: consistirá en responder por escrito a un cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, baseado no contido da segunda parte do programa. Cada resposta errónea descontará de acordo coas regras establecidas para o primeiro exercicio da primeira parte.Terá carácter selectivo e non eliminatorio.

Cualificarase ata un máximo de 20 puntos. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

B. Fase de concurso.

Cualificarase ata un máximo de 80 puntos. A valoración da fase de concurso realizarase do seguinte xeito:

Quenda de promoción interna

1. Antigüidade en postos de categoría distinta ós convocados, en calquera das universidades públicas de Galicia, a razón de 1 punto por mes traballado, ata un máximo de 40 puntos.

2. Cursos de formación e perfeccionamento, impartidos por centros e organismos docentes ou investigadores públicos e que estean directamente relacionados cos temas incluídos na primeira parte do programa. Os certificados de asistencia valoraranse con 2 puntos e os de aptitude con 5 puntos, ata un máximo de 20 puntos.

3. Entrevista. Valorarase ata un máximo de 20 puntos.

Quenda de acceso xeral libre:

1. Experiencia en postos de traballo da mesma categoría ou equivalente. Valorarase a razón de 1 punto por mes traballado ata un máximo de 40 puntos.

2. Cursos de formación e perfeccionamento, impartidos por centros e organismos docentes ou investigadores públicos e que estean directamente relacionados cos temas incluídos na primeira parte do programa. Os certificados de asistencia valoraranse con 2 puntos e os de aptitude con 5 puntos, ata un máximo de 20 puntos

3. Entrevista. Valorarase ata un máximo de 20 puntos.

ANEXO II

PROGRAMA

Primeira parte.

1. Dinámica de translación: leis de Newton. Principios de conservación. Condicións de equilibrio.

2. Dinámica de rotación: momento de inercia. Ecuacións fundamentais da dinámica de rotación.

3. Estática e dinámica de fluídos: ecuación fundamental da hidrostática. Réximes de movemento dos fluídos.

4. Termodinámica. Principio cero: calor e temperatura. lº principio. 2º principio. Máquinas e motores térmicos.

5. Corrente continua: intensidade de corrente. Lei de Joule. Lei de Ohm. F.e.m. Leis de Kirchoff.

6. Conductores e dieléctricos: conductores. Enerxía electrostática. Capacidade e condensadores. Campo eléctrico na materia. Enerxía e capacidade en presencia de dieléctricos.

7. Magnetismo: leis de Bio-Savart e Ampere. Forzas entre correntes. Momento magnético de espiras. Forzas e pares entre conductores.

8. Induccción e corrente alterna: leis de Faraday e de Lenz. Coeficientes de inducción e autoinducción. Circuítos RLC (serie e paralelo). Resonancia. Potencia eléctrica.Transformadores.

9. Electrónica analóxica. Compoñentes: diodo, transistores. Amplificación. Osciladores. Amplificador operacional: aplicacións.

10. Electrónica dixital: álxebra de Boole, funcións lóxicas. Simplificación. Circuítos combinacionais. Circuítos secuenciais: biestables, rexistros e contadores. Autómatas síncronos. Sistemas con microprocesador. Memorias e circuítos de E/S.

11. Instrumentación: medidas eléctricas. Polímetro. Osciloscopio: analóxico e dixital.

12. Electrónica de potencia. Compoñentes de potencia: tiristor, triac, GTO, IGBT. Rectificación polifásica: non controlada e controlada. Fontes de alimentación. Control de potencia en c.c. e c.a.

13. Informática: contornos MS-DOS e Windows. Contornos UNIX (AIX, LINUX). Redes e Internet. Periféricos.

Segunda parte.

1. Réxime xurídico da Universidade de Vigo: Lei de reforma universitaria e estatutos da Universidade de Vigo. Estructura e órganos da Universidade de Vigo.

2. Réxime xurídico do persoal laboral ó servicio da Universidade de Vigo: III Convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia

ANEXO III

TRIBUNAL

Titular:

Presidente: Andrés Ramón Trillo García, xerente da Universidade de Vigo.

Vocais:

José Ángel Vázquez Barquero, profesor da Universidade de Vigo.

José Peleteiro Salgado, profesor titular da Universidade de Vigo.

Julia Mencía Castro, en representación do Comité de Empresa.

Mª José Montero Vilariño, en representación do Comité de Empresa.

Secretaria: Mª Teresa Viñas Gil, secretaria de decanato, que actuará con voz e sen voto.

Suplente:

Presidenta: Consuelo López Rodríguez, xefa de administración .

Vocais:

Manuel González Piñeiro, profesor titular da Universidade de Vigo.

Enrique Carballo González, profesor titular da Universidade de Vigo.

Luis Pérez Gómez, en representación do Comité de Empresa.

Pablo Cabral Pedreira, en representación do Comité de Empresa.

Secretaria: Amalia Pérez Canabal, xefa de administración, que actuará con voz e sen voto.

4772