Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.615

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998 pola que se fai pública a súa constitución para a V lexislatura do Parlamento de Galicia.

A Presidencia da Xunta Electoral de Galicia, polo Decreto 141/1998, do 22 de maio (DOG Núm. 99, do 26 de maio), procedeu ó nomeamento dos membros integrantes da Xunta Electoral de Galicia.

O artigo 15 da Lei autonómica 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, establece que os nomeados por decreto ó comezo de cada lexislatura permanecerán no exercicio do seu mandato ata a toma de posesión da nova xunta electoral.

Na súa virtude e ó abeiro do disposto no artigo 18.6º da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño e en execución do acordo adoptado pola Xunta Electoral de Galicia na reunión celebrada no día de hoxe, esta presidencia resolveu declarar que:

O día 1 de xuño de 1998, constitúese a Xunta Electoral de Galicia cos seguintes membros:

Presidente: José Ramón Vázquez Sandes.

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1º a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto).

Vicepresidente: Miguel Ángel Cadenas Sobreira.

Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo14.1º b)

Vocais: maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1 c)

Pablo Saavedra Rodríguez.

Benigno López González.

Miguel Ángel Fernández Otero.

Vocais: profesores da Facultade de Dereito (artigo 14.1º d):

Carlos Ignacio Aymerich Cano.

Jesús Martínez Girón.

José Antonio Portero Molina

Perfecto Yebra Martul-Ortega

Secretario: José Ramón Cólera Leirado.Letrado maior do Parlamento (artigo 15.2º).

O que se comunica para xeral coñecemento.

A Coruña, 1 de xuño de 1998.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente da Xunta Electoral de Galicia

5464