Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.597

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 169/1998, do 5 de xuño, polo que se nomea rector magnífico da Universidade de Vigo o profesor doutor Domingo Docampo Amoedo.

Os estatutos da Universidade de Vigo, aprobados pola Resolución do 16 de setembro de 1993 (DOG nº 204, do 22 de outubro de 1993), dispoñen, no seu artigo 95, que lle corresponde ó claustro universitario a responsabilidade da elección do rector, que será nomeado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Unha vez recibido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria escrito da Universidade de Vigo no que se fai constar que o profesor doutor Domingo Docampo Amoedo foi elixido para o cargo de rector por maioría absoluta na votación do claustro celebrada o día 27 de maio do presente ano, cómpre, en cumprimento do disposto legalmente, proceder ó oportuno nomeamento.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), por instancia do claustro universitario da Universidade de Vigo, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.- Nomeo rector magnífico da Universidade de Vigo o profesor doutor Domingo Docampo Amoedo.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

5601