Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: pavimentación de camiños na parroquia da Pumarega.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 4.750.887 ptas.

d) Garantía provisional: 95.018 ptas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

3. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: pavimentación do camiño de acceso Covelas ás Casas do Souto.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 4.023.607 ptas.

d) Garantía provisional: 81.632 ptas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Obtención de documentación e información:

Concello de Castroverde, Praza do Concello, 2. Código Postal 27120 - Castroverde (Lugo). Tfno.: 982 31 20 80. Fax: 982 31 20 11.

6. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se exise.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Castroverde, Praza do Concello 2.

8. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Castroverde, 3 de xuño de 1998.

José Mª Arias Fernández

Alcalde

5470