Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/21-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Endesa.

Enderezo social: Príncipe de Vergara, 187, 28000 Madrid.

Denominación: reforma de liña a 15 kV, central H. Prada-poboado-presa.

Situación: A Veiga.

Descricións técnicas: reforma da liña de transporte de enerxía eléctrica quedando coas características seguintes: 15 kV, en conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos, con orixe na central hidráulica de Prada, sendo de dobre circuíto ata o apoio nº 9 (cunha lonxitude de 782 m), continuando en circuíto simple (1.609 m) ata o poboado de Endesa e a presa de Prada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4040