Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, pola que se convoca o concurso público para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato arriba indicado (e que, xunto coa demais documentación de interese para os licitadores, se pode recoller nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, local C, Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88, faise público o seguinte anuncio:

Obxecto: contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Orzamento: 9.201.420 ptas.

Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres pechados e asinadas polo licitador ou a persoa que o represente no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, local C, 15706 Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto púbico na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, local C, 15706 Santiago de Compostela, ás 11.30 horas do día 22 de xullo de 1998.

Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1998.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

5586