Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMOEIRO

ACORDO do 2 de xuño de 1998 polo que se anuncia concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación das obras de construcción do centro cultural de Amoeiro, 3ª fase.

Tipo de licitación: 9.598.012 ptas, IVE incluído.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Plicas: durante 13 días naturais a partir do anuncio no BOP de Ourense.

Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior á finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Información: Secretaría do Concello de Amoeiro, de 9 a 14 horas, teléfono 988 28 10 00 e telefax 988 27 99 88.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Amoeiro, 2 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

5415