Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO relativo á concesión do servicio de recollida do lixo, limpeza viaria e limpeza da praza de abastos.

Acordado polo Pleno do Concello da Guarda, publícase o presente edicto de conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, que anuncia o concurso para a adxudicación da xestión do servicio público de recollida de lixo, limpeza viaria e limpeza da praza de abastos do concello da Guarda, polo sistema de concurso, procedemento aberto, conforme ó seguinte contido:

Obxecto do concurso: concesión do servicio público de recollida de lixo, limpeza viaria e limpeza da praza de abastos.

Duración do contrato: 10 anos.

Prezos da licitación: para este concurso non se fixa tipo de licitación. Os licitadores presentarán un prezo anual polo servicio de recollida de residuos sólidos urbanos e o seu transporte ó vertedoiro de Bazar, e outro pola limpeza viaria e limpeza da praza de abastos, que será actualizado anualmente de conformidade co prego.

O licitador poderá propor, xunto coas ofertas económicas, outra fórmula alternativa da revisión anual do prezo do servicio.

Publicidade do prego de condicións: estará de manifesto nas dependencias da secretaría municipal durante o prazo de presentación das licitacións ó que se refire o concurso (teléfono dependencias municipais: 986 61 01 76. Fax: 986 61 02 83).

Garantía provisional: de conformidade co previsto na correspodente cláusula do prego 500.000 ptas.

Garantía definitiva: de conformidade co previsto no correspondente prego será o 4% do importe de adxudicación.

Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Modelo de proposición e documentación que achegarán os licitadores: o recollido no correspondente prego no seu artigo 17.

A Guarda, 29 de maio de 1998.

Purificación Álvarez

Alcaldesa

4894