Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1998 pola que se anuncia concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de contrucción de infraestructuras urbanísticas no parque de San Diego.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: 98/32.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de construcción de infraestructuras urbanísticas no Parque de San Diego.

Prazo de execución; entrega do proxecto: un mes; execución das obras: seis meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 293.460.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 781.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo G, subgrupos 6, categoría f.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: sí.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición Económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta...para optar ó concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de construcción de infraestructuras urbanísticas no Parque de San Diego. (Ref. 098/32)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 19 de maio de 1998.

Alcalde

P.D.

Rubricado

5418