Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Ximeu-estrada nova.
Situación: Cangas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV de 605 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. ó C.T. existente da rúa de Lugo rematando no C.T. existente da estrada nova, concello de Cangas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 21 de abril de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
4407