Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/10-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Grixó 2.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 756 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde a L.M.T. Alxán G-Grixó 1, ata o C.T. que se proxecta en Grixó 2, concello de Salvaterra de Miño. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 13 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4416