Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de sinais reflexivos con destino ó parque de maquinaria.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación da subministración de sinais reflexivos co número e características que figuran no expediente, por un importe total de 19.300.000 pesetas.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación; definitiva 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 7 de maio de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

4429