Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na rúa Laureano Peláez 39 de Verín, para alberga-lo centro de saúde, mentres duren as obras de acondicionamento do actual.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas de acordo co Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que polas necesidades do servicio e pola urxencia da contratación, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento da contratración directa do alugueiro do local sito na rúa Laureano Peláez, nº 39 de Verín, para alberga-lo centro de saúde mentres duren as obras de acondicionamento do actual.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1998.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

4888